A tempada de actividades de ocio e tempo libre organizadas polo Concello de Xove comezará en outubro

O Concello de Xove anuncia que o martes 15 de setembro abre o prazo de inscrición para as actividades de ocio e tempo libre da nova tempada que comezará no mes de outubro.

Haberá actividades como memoria e estimulación cognitiva, informática, manexo de móbil, ximnasia de mantemento, pilates, ximnasia na auga, bolillos, bordado e ioga.

A inscrición pode facerse a través da sede electrónica do Concello de Xove ou de forma presencial por rexistro na OMIX.