Festa da Faba
O Concello de Lourenzá activa un dispositivo especial de tráfico con motivo da 34ª Festa da Faba, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 2 ata o domingo 4 de outubro.
É “unha das citas máis importantes do calendario festivo e gastronómico do municipio”, destaca o Concello, que engade: “o dispositivo foi elaborado e coordinado coa Garda Civil e Protección Civil, co obxectivo de garantir a seguridade durante o desenvolvemento das distintas actividades previstas e, ao mesmo tempo, facilitar a circulación e o acceso das persoas que se acheguen a Lourenzá durante estes días”.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que “entre as novidades deste ano destaca a modificación do percorrido previsto para os vehículos clásicos e o tren turístico, que circularán pola rúa Montero Villegas, Praza Linares...
leer másA XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado
A XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá. Será o sábado 3 ás 12:00 horas.
Pero as actividades xa comezarán o venres: ás 20:00 horas haberá unha cata de viño comentada a cargo da adega Triay (D.O. Monterrei) no claustro do mosteiro; e desde ás 21:00 horas, verbena coa actuación de Toxo Guayaba e The Sound Project, no Campo dos bolos.
O sábado ás 11:00 horas será a apertura da XXXIV Festa da Faba, coas casetas de fabeiros na Praza do Conde Santo; stand Institucional do Concello de Antas de Ulla; demostración e exposición de artesáns e alimentación, en prazas e rúas da vila; inicio da XII Vespa Faba e Clásicos, na rúa Femández del Riego; e pasacalles coa Rondalla Mugardesa. Despois haberá...
leer másPresentado o cartel da XXXIV Festa da Faba de Lourenzá, unha creación do laurentino Chis Piña Balboa
Xa está presentado o cartel da XXXIV Festa da Faba de Lourenzá, “unha das citas máis destacadas do calendario festivo e gastronómico da localidade, que este ano conta cunha autoría especialmente ligada ao territorio: a do artista laurentino Francisco Piña Balboa, coñecido como Chis”, anuncia o Concello.
O acto de presentación contou coa presenza do propio autor, acompañado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, que puxeron en valor a elección dun creador local para dar imaxe a unha celebración tan representativa: “a elección de Chis Piña Balboa como autor do cartel supón un recoñecemento ao talento, á creatividade e á capacidade dos artistas da propia localidade, apostando por dar visibilidade ao traballo feito desde aquí. Ao mesmo tempo permite que a Festa da Faba estea este ano representada a través da...
leer másA programación da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá inclúe do 3 ao 5 de outubro numerosas actividades
A programación da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do venres 3 ao domingo 5 de outubro, inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.
Os actos do programa comezarán o venres ás 19:30 horas no Claustro do Mosteiro de San Salvador coa presentación do libro titulado A Faba e Nós, de Alberto V. Serantes. No mesmo lugar ás 20:30 horas haberá unha cata de viño comentada a cargo da adega Melillas e fillos (D.O. Valdeorras); e ás 21:00 horas actuará o grupo Mar Aberto, de Foz. As actividades desta xornada rematarán cunha verbena, na que actuará o dúo Belinda e a discoteca móbil The Sound Project; será no Campo dos Bolos desde as 22:30 horas.
... leer másPepe Peinó será o pregoeiro da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá, evento cuxo cartel é obra de José Manuel García. Os dous participaron nunha presentación xunto á a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e o edil de Medio Rural, Mario Leitón.
O Concello de Lourenzá explica que o autor do cartel é o veciño José Manuel García, un estudoso e recuperador dos xoguetes tradicionais, coautor de varios libros sobre o tema, do que tamén é o responsable das súas ilustracións. Nesta ocasión a imaxe principal do cartel é a fonte da ra, “un símbolo para todos os laurentinos, no que as pedras que a forman aparecen substituídas polas famosas fabas de Lourenzá”.
Tamén foi presentado o pregoeiro de XXXIII edición da Festa da Faba. Trátase de Pepe Peinó, “un referente cultural na Mariña e moi...
leer másA programación da XXXII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.
As actividades comezarán o venres 4 de outubro ás 20:30 horas cunha cata comentada de viño a cargo da adega Alán de Val (D.O. Valdeorras) no Claustro do Mosteiro. E ás 22.30 horas haberá verbena no Campo dos Bolos, amenizada pola orquestra Montreal e DJ Cosme.
O sábado 5 de outubro ás 11:00 horas terá lugar a apertura da XXXII Festa da Faba: ás casetas de fabeiros, na Praza do Conde Santo; o stand Institucional da Mancomunidade de Concellos da Mariña; demostracións e exposición de artesáns nas prazas e rúas da vila;...
leer másO Concello de Lourenzá presentou o cartel anunciador e a pregoeira da XXXII Festa da Faba, que se celebrará desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.
O cartel desta edición é obra do artista de O Valadouro Xosé Blanco, que estudou na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso de A Coruña. Participou nas Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre de Sargadelos, onde tamén formou parte do Gabinete de Deseño. Participou ademais en numerosas exposicións con traballos de debuxo, pintura, gravado, cartelismo, ilustracións, etcétera. No cartel que deseñou para esta festa gastronómica, ademais de representar as fabas e as fabeiras, tamén fai un guiño a tradición laurentina, cunha imaxe do Rei Charlo portando unha ramiña de fabas.
Neste acto, no que estiveron presentes a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de...
leer más









