A XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado

A XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá. Será o sábado 3 ás 12:00 horas.

Pero as actividades xa comezarán o venres: ás 20:00 horas haberá unha cata de viño comentada a cargo da adega Triay (D.O. Monterrei) no claustro do mosteiro; e desde ás 21:00 horas, verbena coa actuación de Toxo Guayaba e The Sound Project, no Campo dos bolos.

O sábado ás 11:00 horas será a apertura da XXXIV Festa da Faba, coas casetas de fabeiros na Praza do Conde Santo; stand Institucional do Concello de Antas de Ulla; demostración e exposición de artesáns e alimentación, en prazas e rúas da vila; inicio da XII Vespa Faba e Clásicos, na rúa Femández del Riego; e pasacalles coa Rondalla Mugardesa. Despois haberá o pregón e ás 12:30 horas comezará un showcooking a cargo do cociñeiro Alex Iglesias, na Praza do Conde Santo. Desde as 13:30 horas haberá sesión vermú coa orquestra Atenas no Campo dos bolos, onde ás 13:30 horas empezará  a degustación popular da Faba de Lourenzá con viños da adega Triay (D.O. Monterrei) e café cortesía do departamento de hostalería do IES de Foz.

As actividades do sábado continuará ás 16:30 horas con pasacalles a cargo da charanga Leña Verde. Ás 17:00 horas haberá un obradoiro infantil de cociña a cargo de A Morena, na Praza do Conde Santo. Desde as 17:30 horas degustaranse petiscos elaborados con carne de poldro de pura raza galega (PuRaGa) no Cantón. Ás 19.30 horas actuará Sheila Patricia, no Claustro. E a partir das 22:30 horas no Campo dos bolos terá lugar a verbena coa orquestra Atenas e The Sound Project.

O domingo ás 8:00 horas abrirá o mercado faba ao por maior, no Mercado comarcal. Ás 10:00 horas será a apertura das casetas dos fabeiros, na Praza do Conde Santo. Ás 11:00 horas comezará a segunda parte da XII Vespa Faba e Clásicos, na rúa Fernández del Riego, e un pasacalles da charanga Louband. Ás 11:30 horas haberá un showcooking a cargo do cociñeiro Álex Iglesias, na Praza do Conde Santo, onde ás 13:30 horas terá lugar a actividade Faga Bingo. Tamén a esa hora comezará a sesión vermú, coa orquestra Lume, no Campo dos bolos, e a degustación popular da Faba de Lourenzá  con viños da adega Triay (D.O. Monterrei) e café cortesía do departamento de hostalería do IES de Foz. Para as 17:00 horas está programado un obradoiro infantil de cociña a cargo de A Morena, na Praza do Conde Santo. Ás 17:30 horas haberá degustación de petiscos elaborados con carne de poldro de pura raza galega (PuRaGa)no Cantón. E ás 18:30 horas celebrarase un festival folclórico coa Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e o coro de Cantigas e Agarimos, no Claustro, onde tamén ser fará a clausura da XXXIV Festa da Faba.

Ademais os bares da vila serviranse tapas elaboradas con Fabas de Lourenzá. Durante o sábado e o domingo un tren turístico levará aos veciños e visitantes a percorrer a Rota das Fabas.

O Concello de Lourenzá tamén anuncia que de 18:00 a 19:00 horas as atraccións infantís funcionarán sen son “para que as persoas de espectro autista ou aquelas cunha grande sensibilidade a certos son tamén poidan disfrutar desta festa”.

E respecto ás catas de viño explica que nesta ocasión “encargaranse delas a empresa que fai as degustacións de fabas e a adega e o prezo da entrada será de 5 euros para as persoas que queiran participar”.