Compra

Etiquetas:
23/09/2022

AciaFozCCA sorteará 2.000 euros en premios na campaña que desenvolverá do 29 de setembro ao 29 de outubro. Denomínase Este mes compras gratis no comercio de Foz.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “os clientes o que teñen que facer é cubrir os boletos que lles entregarán nos locais asociados con cada compra que fagan por un importe superior aos 10 euros entre o 29 de setembro e o 29 de outubro. E logo teñen que estar pendentes de Radio Foz o día 4 de novembro, que será a data na que faremos o sorteo de 2.000 euros en vales ce compra para gastar durante o mes de novembro”.

Paleo subliña que “o que queremos con esta campaña é dinamizar o comercio e a hostalería nos meses de outubro e de novembro”. Este mes compras gratis no comercio de Foz sorteará 6 premios de 100 euros, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400...

leer más
Etiquetas:
22/11/2021

Hoxe foi presentada a campaña de captación de socios do Ribadeo FC, que conta coa colaboración e co patrocinio de Acisa. Na cita participaron os presidentes de ambas entidades. 

Francisco Iriarte, responsable da patronal ribadense, dixo que “para Acisa é un orgullo que o Ribadeo FC pensase en nos para promocionar a súa campaña Obxectivo 400, coa que pretende chegar a esa cifra de socios. A colaboración e patrocinio de Acisa é moi sinxela, pero á vez moi interesante para os nosos socios e socias, xa que se trata dunha campaña que se basea nun sorteo de 500 euros en vales de compra”.

O presidente de Acisa sinalou que “o que fixemos as dúas entidades foi elaborar as bases dun sorteo cun total de 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra de Acisa, e que se realizará entre o numero de socios que teña o Ribadeo...

leer más