Panchas

Etiquetas:
31/10/2025

O Concello de Ribadeo lanza a sétima edición das Panchas para dinamizar o comercio local. Na campaña, que arrinca este sábado, 1 de novembro, participan 84 negocios locais.

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, explica que “o Concello de Ribadeo pon en marcha a sétima edición da moeda local Pancha, unha iniciativa que busca impulsar o consumo nos establecementos do municipio e fomentar a economía de proximidade”.

A edil ribadense subliñou que “a campaña, que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 31 de decembro, conta cun investimento de 85.000 euros, achegados polo propio Concello e coa colaboración da Xunta de Galicia”.

Sobre o funcionamento Marta Saiz dixo que “por cada 30 euros que compren ou paguen os participantes poden obter 40 panchas para consumir nos establecementos...

leer más
Etiquetas:
13/10/2025

A sétima edición das Panchas, a moeda local de Ribadeo, terá lugar do 1 de novembro ao 31 de decembro. Os negocios locais poden adherirse entre o 15 e o 24 de outubro. 

O alcalde, Dani Vega, explicou que “a moeda local, a Pancha, xa está aquí, e neste caso comeza o tempo de inscribirse do 15 ao 24 de outubro, todos os negocios locais que o desexen poderán solicitala. A partires de aí  o 1 de novembro comeza a campaña para que todo o mundo veña comprar e consumir a Ribadeo, a esta capital comercial entre Asturias e Galicia,  a este punto de encontro onde o comercio é evidentemente un sector moi importante para a economía local”.

O rexedor subliñou que “a Pancha é un valor que lle damos a todo o espazo comercial,  que haxa un incentivo comercial, xa que por cada 30 euros pódense obter 40 panchas, e iso é un impulso...

leer más
Etiquetas:
04/09/2024

O Concello porá en circulación 260.000 panchas para trocar nos establecementos adheridos á campaña, que foi presentada esta mañá. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como Mª Esther García, ADL do Concello.

O rexedor declarou que “Ribadeo aposta pola Pancha, Ribadeo aposta pola moeda local para apoiar o comercio local, o comercio de proximidade. Vamos poñer en circulación 260.000 panchas para cambiar nos establecementos comerciais, tamén na hostalería do noso concello, que se adhiran á campaña. Polo tanto, estamos apostando polo comercio local, polo comercio de proximidade”.

Vega lembrou que “partíamos dun orzamento de 55.000 euros, subimos a 85.000 euros, hai un incremento orzamentario, dado que...

leer más
Etiquetas:
11/10/2023

A Pancha, a moeda de Ribadeo, entrará en circulación o vindeiro domingo, 15 de outubro. Máis de 100 negocios locais participan na quinta edición desta campaña, segundo os datos ofrecidos hoxe polo alcalde, Dani Vega. 

O rexedor dixo que “dende este domingo, 15 de outubro, e ata o 31 de decembro un total de 200.000 Panchas estarán dispoñibles para que todos os consumidores merquen e consuman en máis de 100 establecementos de comercio e de hostalería do noso Ribadeo”.

Vega lembrou que “coma en edicións anteriores, a compra e uso da moeda é mediante o Panchapeto, o moedeiro dixital habilitado para a campaña. O moedeiro adquírese a través da web www.pancharibadeo.gal, onde tamén poden atopar toda a información referente a esta campaña”. 

O alcalde...

leer más
Etiquetas:
30/09/2023

Os establecementos comerciais e hostaleiros que queiran adherirse á quinta edición da moeda local de Ribadeo poderán facelo do 1 ao 10 de outubro. O Concello porá en circulación 200.000 Panchas, que se poderán empregar nos negocios desde o 15 de outubro ao 31 de decembro. A nova campaña da Pancha foi presentada esta mañá nas Catro Rúas. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “hoxe presentamos a campaña das Panchas, a nosa moeda local. Estamos tremendamente orgullosos de volver facer esta actividade de reforzo da nosa estrutura económica local. É un compromiso por parte do Concello de apoio a todo o tecido económico da nosa vila. Son 80.000 euros de reforzo e esta é unha boa forma de activar a economía local”. 

O rexedor convidou a facerse coas Panchas e a mercar con elas: “invitamos a todos os visitantes a comprar as...

leer más
Etiquetas:
20/12/2022

A cuarta edición da moeda local, a Pancha, está tocando á súa fin coa adquisición das 200.000 panchas que se puxeron en circulación o pasado 1 de outubro. Dende o inicio da campaña leváronse a cabo máis de 3.300 operacións coa moeda local, cun aforro de máis do 33% en cada unha delas.

O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, cualificou como un éxito o desenvolvemento da campaña e asegurou que “son máis de 100 establecementos de comercio, de hostalaría e do sector servizos de Ribadeo os que se están vendo moi beneficiados coa Pancha. Proba disto é a adquisición da totalidade da moeda local posta a disposición por este ano”.

Pablo Vizoso mostrouse moi satisfeito, “posto que dende o Concello se realizou unha forte inversión, un total de 85.000 euros de fondos públicos, que se traducen...

leer más
Etiquetas:
19/11/2022

A Pancha, a moeda local ribadense, será a protagonista dunha exposición que se poderá visitar nas principais rúas da vila e que inclúe tanto paneis explicativos do seu funcionamento como un percorrido polo pasado comercial de Ribadeo. 

O concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, lembra que “dende mediados do século XIX, Ribadeo foi un punto estratéxico para a actividade comercial, fortaleza que perdura ata o día de hoxe e aínda que os tempos cambiaron, a importancia do comercio na nosa vila é indiscutible, ata o punto de chegar a contar cunha moeda propia, a Pancha”.

O edil ribadense sinala que “se durante estes días paseamos polas principais rúas comerciais, en concreto por Rodríguez Murias, atoparémonos cunha exposición, que se divide en dúas partes e que está dedicada á nosa moeda, onde se amosa como e cando...

leer más
Etiquetas:
17/10/2022

Satisfacción no goberno municipal de Ribadeo pola boa acollida que están a ter as Panchas. Nos primeiros quince días de campaña xa se consumiron o 25% e foi xerado un impacto de negocio de máis de 50.000 euros, segundo os datos que hoxe deu a coñecer o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. 

O edil ribadense declarou: “realmente desde o Concello de Ribadeo estamos moi satisfeitos pola tan boa acollida das Panchas na súa cuarta edición porque ao remate desta segunda semana xa podemos constatar como aproximadamente o 25% das Panchas están consumidas, xerando un impacto de negocio dun mínimo de 50.000 euros, aínda que realmente o volume de negocio que se consegue crear é superior a esa cifra. Foron efectuadas arredor de 500 operacións e un importe medio de 70 euros por cada compra realizada nos diferentes establecementos...

leer más
Etiquetas:
30/09/2022

Dende o 1 de outubro en Ribadeo xa se poderá pagar con Panchas, coa a moeda local, coa que será posible mercar e gastar ata o 31 de decembro en máis de 100 establecementos de comercio, hostalaría, algúns servizos e este ano, como novidade, tamén no cine da vila.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “ao igual que na campaña anterior, a compra e uso da moeda será totalmente dixital, a través dun moedeiro, o Panchapeto, que se poderá adquirir na páxina web www.pancharibadeo.com, onde tamén se atopa toda a información sobre a campaña, sobre as condicións e sobre os establecementos participantes”.

O edil nacionalista subliñou que “nesta cuarta edición incrementarase o valor do aforro total, que pasa de 70 a 100 euros por persoa. Poderanse ir mercando...

leer más
Etiquetas:
14/09/2022

O Concello organiza a cuarta edición da campaña da Pancha, a moeda local ribadense, que supón unha forte inversión económica para dinamizar o sector do comercio, hostalaría e algúns servizos da vila, durante os meses de outubro, novembro e decembro.

Nesta cuarta edición, ao igual que na campaña anterior, a compra e uso da moeda será totalmente dixital, a través dun moedeiro, o Panchapeto.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o feito de poder realizar todas as operacións co teléfono móbil simplifica e mellora o uso da nosa moeda local. Deste xeito, as persoas usuarias non terán que acudir á sucursal bancaria para levar a cabo ningunha xestión, sendo suficiente contar cun teléfono móbil smartphone, dende onde poderán facer todo o proceso de compra de panchas, de pago nos...

leer más