Outubro
Camiño Escena Norte, o proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega esta fin de semana a Melide e Ribadeo cunha dobre función do espectáculo Lear en las catedrales, unha peza de Ábrego Producciones. Ao finalizar as dúas representacións, os membros da compañía cántabra participarán nun encontro co público asistente.
A montaxe de Lear en las catedrales está atravesada polo poema Lear en el claustro, de José Hierro, e reflicte a decadencia dun rei despoxado de todo e que implora ser amado pola súa filla Cordelia. A obra avanza armando o crebacabezas dunha memoria que tende a esvaecerse no esquecemento, engadindo capas, unhas feitas de realidade e vivencias da actriz e outras feitas de ficción, a das personaxes...
leer másA asociación cultural e xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza para o día 15 de outubro, domingo, unha andaina pola Fraga das Lerias, continuando polo Canal dos Canoura e rematando no curro de Santo Tomé.
É un ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a organización recomenda levar botas de montaña.
A saída será desde a Casa do Concello de Alfoz ás 09:30 horas, haberá servizo de autobús gratuíto e a ruta comezará ás 10:00 horas. Ao final da andaina os participantes degustarán un aperitivo.
A data límite para anotarse é o domingo 8 de outubro e as inscricións poden facerse a través dos teléfonos 603.895.753 ou 617.299.798.
Para a organización desta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz.
Boa acollida da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado 8 de outubro. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Desde a Mancomunidade explican que “nas tres rutas que xa tiveron lugar completáronse as prazas existentes, con xente en lista de agarda nas dúas primeiras”. E engaden que “para as dúas próximas rutas de outubro aínda quedan prazas, polo que animamos á xente a aproveitar esta oportunidade”. O día 22 será Bateando ouro en Alfoz, con Fran Canosa, e o 29 Burela: de asentamento castrexo a vila medieval, con Lidia de la Fuente.
Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os Fornos de Vilaodriz e o nivel cero...
leer másO Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. Comezarán os días 17 e 18 de outubro.
O Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. O de bordado dará comezo o 17 de outubro e rematará o 17 de abril. Impartirase na Casa da Xuventude os luns e os mércores de 10 a 13 horas ou de 17 a 20 horas. Ao inscribirse no CIM as persoas asistentes poderán elixir quenda e día.
E o curso de bolillos será do 18 de outubro ao 16 de marzo. Tamén será impartido na Casa da Xuventude. O horario para elixir día e quenda será os martes e os xoves de 10:30 a 13:30 horas ou de 16:30 a 19:30 horas.
O prezo da matrícula en ambos casos será de 30 euros.
A obra 337 km, do autor Manuel Benito e que trata sobre o síndrome de Asperger, estreouse en febreiro deste ano no teatro Quique San Francisco, de Madrid, onde recibiu moi boas críticas. A continuación empezou a xira e o día 15 deste mes, sábado, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. É unha produción da compañía madrileña La Belloch Teatro, o director é Julio Provencio e os intérpretes son os recoñecidos actores Lidia Navarro, Néstor Goenaga e Clemente García.
Lidia Navarro comezou a súa carreira artística en 1995 e desde entón participou en numerosas representacións teatrais e películas así como en series de televisión tan coñecidas como Farmacia de Guardia, El Comisario, Al salir de clase, Hospital Central, Amar en tiempos revueltos, Cuéntame como pasó, La que se avecina ou El secreto de Puente...
leer másA música protagoniza a fin de semana en Ribadeo.
O sábado, 30 de outubro, o pianista e compositor compostelán Abe Rábade ofrecerá un concerto ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 4 euros. O mesmo sábado terá lugar unha masterclass, no propio auditorio, de 17:00 a 2000 horas. As prazas serán limitadas a 40 e o prezo de inscrición é de 20 euros para os asistentes en xeral, 18€ para os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e 15 euros para os socios da Asociación Cultural Bruar, organizadora destas actividades. O teléfono de contacto é 677 73 40 84.
O domingo, 31 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval, presentarase Maestrissimo. As entradas están á venda en www.gameoverpro.es e o propio...
leer másDesde Libraría Bahía explican que “contamos coa presenza de escritores importantes da nosa lingua como Susana Sánchez Arins, Manuel Gago, Xurxo Mariño e Luisa Martínez aos que poidemos escoitar intercambiar, explicar e compartir a súa experiencia e a súa tarefa, levados da man da filóloga María Liñeira, que actuou como moderadora. Un formato ao que non adoitamos ter moito acceso en vilas como a nosa e que foi moi apreciado polo público, tamén polos escritores e escritoras participantes. Pola súa banda, as pícaras e pícaros tiveron a súa ración de literatura da man da escritora e contadora Charo Pita, que estivo con nós o pasado sábado 23”.
E engaden: “rematamos este Outubro Literario cunha proposta distinta, pero que complementa moi ben as anteriores. Trátase dunha sesión de narración oral para persoas adultas. Nesta ocasión é a...
leer másO restaurante o Lar de Manolo de Ribadeo celebra Outubro de Feira. O establecemento ribadense quere homenaxear citas festivas tan importantes como o San Froilán e as San Lucas, que teñen lugar estas semanas en Lugo e en Mondoñedo.
Durante todo o mes de outubro O Lar de Manolo dá a oportunidade de comer ou cear de feira tanto no restaurante como para levar á casa.
A oferta gastronómica ofrece as elaboracións propias de calquera feira galega como pulpo, lacón con grelos e cachelos, lacón con cachelos, orella con cachelos e pementos de Padrón.
Desde O Lar de Manolo o seu cociñeiro e propietario, Ángel Expósito, anima “a comer de feira durante este mes aquí no noso restaurante, onde poden facelo de xeito totalmente seguro. Pero si o prefiren tamén poden levar eses pratos para as súas casas...
leer másA cuarta edición das Xornadas da Terra de Miranda, actividade que organiza o colectivo Nova Escola Galega coa colaboración da Deputación de Lugo, celebrarase na Casa da Cultura da Pontenova os días 30 e 31 de outubro de 2020.
A organización explica que as xornadas “nesta ocasión estarán centradas na atención sanitaria no rural nestes tempos, na sobreexplotación do solo e na perspectiva das familias do rural ante as circunstancias educativas tan especiais que vivimos. Haberá tamén relatorios sobre o patrimonio específico da Terra de Miranda. A convocatoria dos Encontros por cuarto ano consecutivo constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non...
leer más