Baile da Travesía

06/04/2026

O Círculo Habanero da Devesa acollerá o IX Baile da Travesía este sábado, día 11 de abril, a partir das 20:30 horas.  

Neste evento actuarán os grupos Alimanhas da Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense), Clandestías (Occidente asturiano); Tresmoças (Portugal) e Erikas e Peluxias (A Mariña)

Está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “estamos argallando un baile que vai ser un encontro marabilloso. Temos cantareiras dunha beira e doutra do Eo e dunha beira e doutra do Miño. Auga que nos une e calma a sede. Vide disfrutalo con nós!”.

24/03/2025

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá a celebración do VIII Baile da Travesía este venres, día 28 de marzo a partir das 20:30 horas. É un evento organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía.

No VIII Baile da Travesía actuarán as agrupacións Acordeonistas da Mariña, Grupo de música e baile tradicional da Pastoriza e En Faldas y a lo Loco, de Ribadeo.

10/06/2024

O quinto Baile da Travesía, organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e MOV, terá lugar no Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, este venres, 14 de xuño, a partir das 20:30 horas.

Neste evento musical participarán grupos das asociacións ACM Arume, de Burela; AC A Chocolateira, da Pontenova, e Tarabeleir@s Amigos da Gaita, de Ribadeo.

Nesta actividade colabora o Círculo Habanero da Devesa e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.