Festas de San Vicente
21/01/2026
A parroquia de Lagoa, no municipio de Alfoz, celebrará as festas na honra de San Vicente esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro.
As actividades comezarán o sábado ás 21:00 horas coa Festa dos Callos. Tamén haberá queimada gratis e verbena amenizada pola orquestra Principal e unha discoteca móbil.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión seguidas de sesión vermú co dúo Caramelo
Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños San Vicente de Lagoa, que destaca que o recinto estará cuberto con carpa e calefacción.



