A cea baile para clausurar a tempada das Escolas Deportivas de Lourenzá celébrase o sábado 7 de xuño

A cea baile para clausurar a tempada 2024-25 das Escolas Deportivas de Lourenzá celebrarase o día 7 de xuño, sábado, no Multiusos Ponte de Cuñas desde as 22:00 horas.

“Chega o momento máis esperado do ano! O sábado 7 de xuño despedimos a XXIX edición das Escolas cunha gran cea baile, con música, diversión e moita emoción. Os nen@s das Escolas están convidados, pero deben anotarse antes do antes do luns 2 de xuño. Para familias, socios e público en xeral podedes mercar os tickets en Morrigan (Lourenzá) e Carnicería Ben&Vior (San Cibrao). Prezos: adultos, 15 euros; e nenos que non forman parte das Escolas, 10 euros. A data límite para mercar os tickets é o luns 2 de xuño”, anuncian as Escolas Deportivas de Lourenzá.