Renata Otero presenta en Viveiro o seu libro “Más barro y menos drama” este venres, 13 de marzo

Renata Otero presentará en Viveiro o seu libro titulado Más barro y menos drama. Será este venres, día 13 de marzo, ás 20:30 horas na sala de exposicións de Regalxunqueira. A entrada é libre ata completar aforo.

O complexo Regalxunqueira anuncia: “servirase un viño e algo de comer” e explica que “este texto é o froito de varios anos de investigación e convida a profesionais da educación, terapeutas e calquera persoa curiosa allea ao tema a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e fomenta unha transformación persoal profunda. Con exercicios prácticos, enfoques innovadores e anécdotas curiosas, Renata Otero -coa súa ampla experiencia en arteterapia e como docente de arte- demostra que a creación con barro non é só unha practica creativa senón que ademais abre unha vía accesible cara ao benestar integral. O acto contará coa presenza da autora e colaboradores, nun ambiente cálido e participativo, compartindo testemuñas, algunha breve demostración en vivo e a oportunidade exclusiva de adquirir o libro en primicia. Ideal para quen busca ferramentas creativas contra o estrés diario. Será unha oportunidade única para coñecer de primeira man unha publicación que nace con vocación de abrir camiños para o benestar e celebrar a creación como un espazo compartido. Un encontro para gozar, conversar e deixarse inspirar”.

Ademais explica que “Renata Otero (1971) es una artista plástica especialista en desarrollo personal, originaria de la Mariña lucense que cuenta con 30 años de experiencia como docente del arte. Es licenciada en Bellas Artes, doctora en Historia del Arte y catedrática de Dibujo. Ha realizado más de cien exposiciones y su obra aparece en docenas de catálogos. Tiene un máster en Inteligencia Emocional y otro en Arteterapia y Terapias Creativas certificaciones internacionales como Coach de Vida y Coach de Equipos, certificación en Mindfullnes,y un amplio aprendizaje en prácticas meditativas y de relajación, clown, teatro, ... Ha publicado varios libros y ha impartido formación en la USC, CIGA, CAFI... y para entidades tan diversas como ACIS, CGAC, CIM de Pontevedra, FINSA ... A raíz de la pandemia del 2020 decide contribuir de un modo más directo al bienestar emocional de las personas con su proyecto educativo Risas e Cores, con sede en Santiago de Compostela. Desde el 2023 forma Amenou, un proyecto en colaboración con la trabajadora social Ana Castro -especializada en teatro aplicado para la mejora de la salud mental- para generar retiros que mejoren la calidad de vida de las mujeres”.