Renata Otero

Etiquetas:
11/03/2026

Renata Otero presentará en Viveiro o seu libro titulado Más barro y menos drama. Será este venres, día 13 de marzo, ás 20:30 horas na sala de exposicións de Regalxunqueira. A entrada é libre ata completar aforo.

O complexo Regalxunqueira anuncia: “servirase un viño e algo de comer” e explica que “este texto é o froito de varios anos de investigación e convida a profesionais da educación, terapeutas e calquera persoa curiosa allea ao tema a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e fomenta unha transformación persoal profunda. Con exercicios prácticos, enfoques innovadores e anécdotas curiosas, Renata Otero -coa súa ampla experiencia en arteterapia e como docente de arte- demostra que a creación con barro non é só unha practica creativa senón que ademais abre unha vía accesible cara ao benestar integral. O acto contará...

leer más