Presentado en Ribadeo o libro “A volta a Galicia en 80 pedaladas”, de Justo Jorge López

O Salón dos Alcaldes da Casa do Concello de Ribadeo acolleu a presentación do libro titulado A volta a Galicia en 80 pedaladas. Patrimonio cultural en 2.400 km de cicloturismo, do que é autor Justo Jorge López.

Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe.

Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).