Ensaio
O Concello de Cervo acondiciona unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, achegáronse ata o edificio para supervisar os traballos que se realizan este días cun dobre obxectivo “brindarlle aos diferentes colectivos un espazo adecuado para o desenvolvemento da súa actividade; ao tempo que lle damos unha nova vida a este edificio municipal tan emblemático con máis dun século de historia”.
A adecuación da vella escola de San Román -inaugurada no ano 1915- vai en consonancia coa filosofía que persegue este equipo de goberno, “pois buscamos, na medida do posible, que os diferentes espazos municipais teñan a súa utilidade, poñéndoos, ao servizo da veciñanza; ben de persoas...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo volveu ensaiar na tarde noite de onte, mércores, despois de 5 meses sen facelo pola pandemia do Covid19. Agora os ensaios son no pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño para manter as distancias de seguridade. O director da formación, David Ballester, anunciou que teñen a intención de ofrecer un concerto ao aire libre antes de que acabe este verán.
“A Banda Municipal de Música de Ribadeo está de noraboa xa que despois de 5 meses e medio aproximadamente puidemos retomar os ensaios. É unha situación totalmente anómala porque debido a esta pandemia temos que gardar unhas medidas hixiénicas e de seguridade para realizar os ensaios e por iso no local onde o facíamos habitualmente non poderíamos cumprir esas medidas, co cal o Concello, tanto por medio da Concellería de Cultura como da de Deportes,...
leer másO próximo día 22, ás 12.30 horas, terá lugar en Mondoñedo a presentación da publicación Cunqueiro e Lezama. A luz do mundo que se afasta, da que é autor César Cunqueiro. A edición corre a cargo da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, dependente do Concello de Mondoñedo, co patrocinio da Consellería de Cultura. A presentación serve para recordar que o insigne autor naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. A publicación deste traballo é a primeira iniciativa deste tipo que pon en marcha a Casa-Museo desde a súa apertura en marzo pasado.
O autor recoñece no preámbulo deste interesante estudo que pode resultar sorprendente a aproximación das vidas e proxectos de dos autores que, aparentemente, teñen moi pouco en común como son o mindoniense Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-1981) e o cubano José Lezama (La Habana, 1910-1976). César Cunqueiro,...
leer más