Presentación
O libro titulado 'A tribo do mar', de Lois Pérez, será presentado na sala de conferencias do Concello de Burela este venres, día 1 de marzo, ás 18:00 horas.
Neste acto intervirán xunto ao autor o profesor e escritor Bernardo Penabade e a capitá do Pescados Rubén Burela de fútbol sala feminino e xogadora internacional, Daniela Domingos.
A cantautora galega coñecida artisticamente como Bea a de Estrella presentará o seu libro disco titulado Mareira o 6 de marzo, mércores, en Foz. Será na Librería Bahía ás 20:30 horas.
“A música será protagonista na libraría o vindeiro mércores, día 6 de marzo, da man de Bea a de Estrella e o seu libro disco Mareira”, anuncia Librería Bahía.
O acto será presentado por Teresa Nécega.
El salón multiusos del Concello de Viveiro acogerá este sábado, 24 de febrero, a las 12:30 horas la presentación del cartel de la Semana Santa de Viveiro, que es obra del artista vivariense Dany Caxete. Y a continuación será presentado también el programa Cultural y Religioso ADRAL.
Librería Bahía, de Foz, acogerá el 23 de febrero, viernes, la presentación de la novela titulada “Muerte en el meridiano”, escrita por Carlota Suárez, que estará acompañada en el acto por el espeleólogo Gonzalo Villarmea Carreiras. El acceso es libre hasta completar aforo.
“O 23 de febreiro agardámosvos para compartir con vós a novela desta muller asturiana moi vencellada a Foz. Unha novela policíaca que ten ao mundo editorial como protagonista”, explican desde Librería Bahía.
Este venres, 16 de febreiro, ás 20:00 horas, en Ribadeo, concretamente na Casa do Viejo Pancho, será presentado o libro titulado “Galicia latente”, escrito por Eduardo de Martís.
Ademais do autor, no acto intervirán Claudia del Pino, en representación da Mancomunidade de Concellos da Mariña; Elvira Posada, de Muiñeiras de Requiande; e a axente turística Noemi Díaz.
O libro recolle unha escolma de fotografías coas que o autor pretende achegarnos un retrato dunha Galicia diversa e moderna, así coma as novas formas de tecido cultural que están contribuíndo a conformar comunidade.
Librería Bahía, de Foz, anuncia que a escritora coruñesa de ascendencia focega Abril Camino vai estar este venres, 2 de febreiro, no hotel Malates presentando a súa última novela, titulada “Nuestro último verano en la isla”; unha illa que, segundo ela mesma conta, parécese moito a Foz.
A presentación será ás 19:30 horas. O Boutique Hotel Malates Slow está na rúa Asteleiros, número 7, da vila focega.
O Salón de Actos do Centro Cívico de Xove acollerá o mércores, 31 de xaneiro, ás 20:00 a presentación do libro “Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición galega” de Ramón Mariño Fernández e editado por Laiovento. Trátase da presentación do primeiro libro integramente en galego sobre as publicacións autoeditadas en Galicia durante os últimos corenta anos. Neste traballo recóllense propostas de toda a xeografía galega aínda que con maior interese naquelas que proceden de ámbitos menos urbanos.
Os fanzines foron publicacións que autoeditaban persoas con inquietudes culturais, sociais e políticas. A súa aparición supuxo un pulo para os diferentes movementos xuvenís que se estaban dando a coñecer en Galicia durante os 80, 90 e comezos do século XXI. Grupos de música hardcore, punk, mesmo experimental e electrónica, así...
leer másA escritora e xornalista Natalia Alonso Ramos (Foz,1983) presentará o vindeiro venres 26 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Libraría Bahía de Foz o seu segundo libro ‘Advertencias para un traxecto boreal’ co que obtivo o premio de poesía Filomena Dato en 2022 e que acaba de publicar baixo o selo editorial ‘Apiario’. A autora estará acompañada pola editora e escritora Dores Tembrás.
Natalia Alonso Ramos resultou gañadora da terceira edición deste certame que outorga o Concello de Bergondo co poemario ‘Advertencias para un traxecto boreal’. O xurado valorou do texto “o traballo coa linguaxe, a pericia no uso dos adxectivos, a promesa desde o primeiro poema e a ofrenda de imaxes de grande potencia poética e cheas de contido, a tenrura e a perspicacia”. O xurado estivo composto por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e Elvira Ribeiro Tobío,...
leer másEste xoves, día 18 de xaneiro, ás 20:30 horas estará en Libraría Bahía, de Foz, o escritor Pedro Feijoo para falar da súa última novela titulada “Ninguén contará a verdade”, editada por Xerais.
Desde Libraría Bahía explican: “podemos afirmar que Pedro Feijoo é na actualidade o máis popular dos autores de novela negra en Galicia. Con esta a súa última novela gañou o ano que vén de rematar o premio Xerais de novela. A historia presenta unha trama de corrupción en Galicia na que están implicados todos os poderes: o mundo da empresa, a banca, a información, a política… Unha historia de ficción nuns contextos que podemos recoñecer facilmente e que desnuda as tramas do poder”.
O próximo luns, 15 de xaneiro, ás 12 horas terá lugar no Auditorio Pascual Veiga en Mondoñedo a presentación da nova marca turística e de territorio da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. Trátade dun dos eventos máis relevantes que organiza esta entidade ata o de agora. Nesa xornada tamén se entregarán as 29 distincións de calidade do Sistema Integral de Calidade Turtística en Destino (SICTED).
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza o próximo luns, 15 de decembro, ás 12:00 do mediodía no auditorio Pascual Veiga en Mondoñedo, un evento que terá como obxectivo principal ser a punta de lanza da activación dunha nova marca turística e de territorio do xeodestino, unha marca forte que permita posicionar A Mariña como un destino e territorio de referencia, e que nace no contexto de implementación do vixente Plan de...
leer más












