
O venres 6 de marzo ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, a Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL) organiza un novo acto literario: a presentación do libro titulado Conventículo, de Eva Moreda. Presentará o acto Farruco Graña, presidente da ACFL, e intervirán Javi Gómez, crítico literario, e Eva Moreda
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “Eva Moreda volve ao Ribadeo que a viu medrar para presentar o seu novo libro, Conventículo. Se queremos coñecer un pouco máis desa nena que visita a súa media irmá (estudante en Gran Bretaña) para ver como lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas van atopar novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo, este venres seis de marzo é unha ocasión excelente dialogando coa propia autora desta historia. Conventículo é unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. Para falarnos dela tamén contaremos coa presenza de Javi Gómez, crítico literario”.


