Castaña

Etiquetas:
31/10/2023

Burela celebrará a oitava edición da Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro, sábado, na Praza da Mariña. Está organizada polo Concello de Burela a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia e Os Asadores.

As actividades empezarán ás 12:00 horas con cantos de taberna; de 17:00 a 19:00 horas haberá obradoiros de regueifa e baile, ademais de xogos populares para nenos. O reparto de castañas e bolos preñados con auga ou viño empezará ás 18:30 horas, a foliada será desde as 19:00 e ás 21 horas empezarán os concertos de Grileiras, Pan.Sen.Fron, Os Carecos e Medio Quinhon.

Etiquetas:
24/10/2022

A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela organiza a 7ª Festa da Castaña, que terá lugar na Praza da Mariña o 12 de novembro coa colaboración dos asadores da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, do BoasMigas, do Restaurante O Sargo, da A.C.M. Dámbara e da Acia Burela. 

De 17:00 a 20:00 horas haberá un Obradoiro de Confección de Zonchos e Chapas. As inscricións poden facerse presencialmente na Oficina de Medio Ambiente sita na Antiga Praza de Abastos ou telefónicamente chamando ao 647 136673. 

Ás 19:00 horas comezará o reparto de cornetes de castañas, bolos preñados e viño por 2'5 euros. Ás 19:30 horas o contacontos Anxo Moure representará o espectáculo "Un castiñeiro con botas. Unha árbore ven a vernos". 

Ás 20:30 horas gozaremos de música tradicional a cargo...

leer más
Etiquetas:
23/10/2021

O 6 de novembro terá lugar a sexta edición da Festa da Castaña, que organiza a Concellería de Cultura de Burela.

O edil José Díaz contou que “el sábado 6 de noviembre vamos a celebrar una nueva edición de la Fiesta de la Castaña, que será la sexta. Llevamos cinco ediciones, tuvo que ser suspendida la del año pasado por la pandemia, pero este año, ya entrados en noviembre, vamos a tener una normalidad, al menos eso esperamos, que nos permita volver a celebrar este tipo de eventos, al aire libre. Si lloviese sería en el interior de la plaza de abastos a partir de las 19:30 horas y hasta las 21:30 horas aproximadamente”.

O concelleiro de Cultura explicou que “vamos a contar, como siempre, con la colaboración de asadores, que hablamos con ellos y se prestan a ayudarnos en este tipo de actividades. Como otros años,...

leer más
Etiquetas:
07/11/2019

Mañá, 8 de novembro, celebrarase a V Festa da Castaña organizada pola Concellería de Cultura e a asociación Asadores de Burela. A cita terá lugar na praza de abastos a partir das 19:00 horas.

O edil José Díaz explicou que “aínda que estaba previsto que a festa tivese lugar na praza da Mariña, debido á previsión de mal tempo que dan para mañá trasladamos a celebración á praza de abastos”. 

O programa dará comezo ás 17:00 horas cun obradoiro de confección de zonchos (colares de castañas) que se celebrará ata as 20:00 horas. A actividade estará dirixida para os máis pequenos e pequenas por monitoras do Centro Medioambiental Gaia.

Ás 19:00 horas comezará o reparto dos cornetes de castañas acompañadas de viño e bolos preñaos, ao prezo de 2 euros. A festa estará amenizada no apartado musical...

leer más
Etiquetas:
06/11/2018

Este venres, 9 de novembro, celébrase en Burela a cuarta edición da Festa da Castaña a partir das sete da tarde na praza da Mariña. Haberá castañas, bolos preñados, contacontos e sorteo de agasallos. En caso de mal tempo trasladarase á praza de abastos. Colaboran co Concello na organización deste evento a asociación de Asadores de Burela, Ledicia, Arume e a Acia local.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana en Burela imos facer a Festa da Castaña. Vai ser a cuarta edición xa, empezamos en 2015. A verdade é que neste tres anos a resposta da xente foi boa con actividades ademais de bailes tradicionais a cargo de asociacións do pobo”.

O edil burelés dixo que “este ano repetimos co mesmo formato, coa axuda da asociación de Asadores de Burela, que serán os encargados de preparar as...

leer más
Etiquetas:
07/11/2017

A Concellería de Cultura programa para a vindeira fin de semana diversas actividades que comezarán o venres, día 10, coa obra de teatro Desconexión, o sábado 11 celebrarase a III Festa da Castaña, e o domingo 12 terá lugar unha nova edición do rastro solidario na praza da Mariña.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “empezaríamos el viernes, a partir de las nueve de la noche, tendremos una obra de teatro en el auditorio que es Desconexión. Es una obra escrita por Santiago Cortegoso, es autor de muchas de las obras exitosas del teatro gallego. Ya tuvimos además el fin de semana anterior O Furancho, que es otra obra escrita por él, estuvieron aquí Isabel Risco y Marián Bañobre, fue un éxito esa cita, gusto mucho a la gente como siempre que están estas dos actrices que ya estuvieron en Burela en otras ocasiones”.

... leer más
Etiquetas:
08/11/2016
 
O Concello organiza para este venres, día 11, a 2ª Festa da Castaña coa colaboración de Asadores de Burela. A xornada dará comezo ás 16:30 horas cun obradoiro infantil de repostería, ás 19:00 horas será o magosto popular e ás 19:30 horas haberá baile tradicional con Cantareiras e Gaiteiros das agrupacións Arume e Ledicia.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este viernes celebramos aquí en Burela la segunda Festa da Castaña. Este año decidimos repetirlo porque el año pasado fue la primera vez que se hizo, fue un poco improvisado, en el último momento casi lo organizamos, para que alguna familia se acercara a ese reparto de castañas en el que colaboraron la Asociación Asadores de Burela y Ledicia. Lo hicimos así pensando que vendrían pocas familias, pero la verdad es que fue en la praza da Mariña y hubo...
leer más
Etiquetas:
10/11/2015
A I Festa da Castaña celebrarase en Burela o vindeiro 20 de novembro. Haberá música, baile, teatro e o sorteo dunha viaxe.
 
Burela acollerá o vindeiro 20 novembro na praza da Mariña a partir das sete da tarde a I Festa da Castaña. O acto está organizado pola Asociación de Asadores de Burela, por Ledicia e polo propio Concello. Haberá castañas, bolos preñados e viño, ademais de música e bailes rexionais. E como remate terá lugar o sorteo dunha viaxe xentileza de Viaxes Halcón, segundo deu a coñecer este mediodía o concelleiro de Cultura, José Díaz.  
O edil socialista explicou que “será la primera Festa da Castaña de Burela, porque incluye un magosto, pero aparte queremos combinarlo con más actividades. Esto está promovido por la Asociación de Asadores de Burela con la colaboración de otra asociación importante en Burela, como es Ledicia. El Concello estará detrás organizando todo y ayudando”....
leer más