Burela celebra a Festa da Castaña este sábado, 7 de novembro, na Praza da Mariña

O Concello de Burela anuncia que este sábado, día 7 de novembro, a Praza da Mariña “converterase no punto de encontro para gozar dunha tarde de música, tradición e, por suposto, das protagonistas desta festa: as castañas”.

A celebración dará comezo ás 17:00 horas e haberá zonchos con Gaia e música a cargo da SCR Ledicia; e a partir das 18:00 horas repartiranse os cucuruchos de castañas.