Día de Rosalía

26/02/2026

A Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) organiza actividades para celebrar o Día de Rosalía este domingo, día 1 de marzo, desde as 12:00 horas.

Será en A Sacabeira Café Bar Cultural e comezará o programa cunha degustación do Caldo de Gloria. Ás 18:00 horas haberá unha palestra titulada Un caldo de gloria: Inxustiza e loita na Galiza rural contemporánea, a cargo de Alba Díaz Geada. E a continuación farase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

 

24/02/2026

A Biblioteca Municipal de Barreiros celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a escritora que poderá visitarse durante esta semana, ata finais deste mes de febreiro.

 “O 23 de febreiro conmemoramos o legado dunha muller esencial na defensa e dignificación da lingua e da cultura galega, autora de obras fundamentais como Cantares gallegos. Desde a Biblioteca Municipal de Barreiros sumámonos a esta celebración cunha exposición que nos lembra a importancia de coidar e valorar o noso idioma e a nosa identidade. Podedes visitala durante toda a semana no horario habitual da biblioteca”, anuncia o Concello de Barreiros.

 

 

 

11/02/2026

O sábado 28 de febreiro ás 14:30 horas a Agrupación Cultural Francisco Lanza celebrará o Día de Rosalía cun xantar, no que haberá poesía e música.

“Imos celebrar o Día de Rosalía cun xantar de confraternización, o Caldo de Gloria, no Centro Sociocomunitario de Ribadeo (detrás do Concello). O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo de gloria e o compango, xunto coas filloas de sobremesa. Haberá lectura de poemas e algo de música. O noso compañeiro Eli García-Bouso poñerá música a algún tema de Rosalía de Castro”, anuncia a Agrupación Cultural Francisco Lanza, que engade: “o prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e de 20 euros para non socios/as. Por favor, se estades interesados/as en asistir non deixedes de anotarvos, ben cun correo enviado a ...

leer más
14/02/2025

O día 22 de febreiro, sábado, ás 18 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros a historiadora mariñá Alba Díaz Geada compartirá nunha roda con labregos e labregas o seu traballo de investigación, no que recolleu testemuños de historia oral nos que se dá conta de estratexias de sobrevivencia e solidariedade labrega. Anúnciao o Concello de Barreiros, que engade: “o acto estará integrado no marco da celebración do Día de Rosalía, co recitado de poemas e degustación para as persoas asistentes do Caldo de Gloria”.

Colaboran nesta actividade a Asociación de Productoras Eo Alimenta, a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros, o Sindicato Labrego Galego e Através Editora.

13/02/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza un xantar para celebrar o Día de Rosalía. Será o sábado 22 de febreiro ás 14:30 horas no restaurante Costa Verde, situado na rúa San Francisco da vila ribadense.

“Xa estamos a preparar o Día de Rosalía! Imos facer un xantar de confraternidade con recital poético incluído. Non deixedes de gozar do caldo de gloria nin dos poemas de Rosalía que ti mesm@ poderás recitar”, anuncia a organización do evento, que engade: “o sábado 22 imos coller forzas celebrando a Rosalía, para o domingo percorrer as rúas de Santiago reclamando máis galego”.