A Biblioteca Municipal de Barreiros celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a escritora ata finais de febreiro

A Biblioteca Municipal de Barreiros celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a escritora que poderá visitarse durante esta semana, ata finais deste mes de febreiro.

 “O 23 de febreiro conmemoramos o legado dunha muller esencial na defensa e dignificación da lingua e da cultura galega, autora de obras fundamentais como Cantares gallegos. Desde a Biblioteca Municipal de Barreiros sumámonos a esta celebración cunha exposición que nos lembra a importancia de coidar e valorar o noso idioma e a nosa identidade. Podedes visitala durante toda a semana no horario habitual da biblioteca”, anuncia o Concello de Barreiros.