A Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) celebra o Día de Rosalía este domingo, 1 de marzo

A Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) organiza actividades para celebrar o Día de Rosalía este domingo, día 1 de marzo, desde as 12:00 horas.

Será en A Sacabeira Café Bar Cultural e comezará o programa cunha degustación do Caldo de Gloria. Ás 18:00 horas haberá unha palestra titulada Un caldo de gloria: Inxustiza e loita na Galiza rural contemporánea, a cargo de Alba Díaz Geada. E a continuación farase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).