A Agrupación Cultural Francisco Lanza celebra o Día de Rosalía en Ribadeo cun xantar, poesía e música o 28 de febreiro

O sábado 28 de febreiro ás 14:30 horas a Agrupación Cultural Francisco Lanza celebrará o Día de Rosalía cun xantar, no que haberá poesía e música.

“Imos celebrar o Día de Rosalía cun xantar de confraternización, o Caldo de Gloria, no Centro Sociocomunitario de Ribadeo (detrás do Concello). O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo de gloria e o compango, xunto coas filloas de sobremesa. Haberá lectura de poemas e algo de música. O noso compañeiro Eli García-Bouso poñerá música a algún tema de Rosalía de Castro”, anuncia a Agrupación Cultural Francisco Lanza, que engade: “o prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e de 20 euros para non socios/as. Por favor, se estades interesados/as en asistir non deixedes de anotarvos, ben cun correo enviado a agrupacionfranciscolanza@gmail.com, ben mediante mensaxe de whatsapp ao teléfono 699.809.606”.