Habaneras
O auditorio da Casa de Cultura de Burela acollerá un concerto de habaneras o día 14 de setembro, sábado, ás 20:00 horas. Está organizado pola Coral Polifónica de Burela, que actuará xunto á Rondalla de Cariño e a coral polifónica dese mesmo concello coruñés.
A Coral Polifónica de Burela anuncia que “chegarán dende Cariño (A Coruña) a Coral Polifónica e a Rondalla, que nos deleitarán co seu repertorio nesta xornada de concerto dedicada ao xénero musical das habaneras. Será unha xornada fermosa que nos gustaría compartir con todos vós, polo que convidámosvos ao concerto, e, para facelo máis interesante, ao final do mesmo sortearemos unha cesta de produtos cortesía dos comercios locais”.
O conxunto músico vocal Escolma de Meus ofrecerá un concerto o 28 de maio ás nove da noite do auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. Os asistentes poderán gozar de habaneras, boleros e música cubana, entre outras pezas.
A actuación está organizada polo Concello de Mondoñedo.