Calendarios
O Concello de Xove, da man da concelleira de Cultura, Dolores Meitín Guerreiro, ven de presentar o Calendario de 2025. Unha iniciativa municipal que cada ano se envía nestas datas a tódolos domicilios do concello.
A temática elixida para este 2025 son paisaxes do municipio pouco coñecidas. Panorámicas singulares ou recunchos de gran beleza pertencentes ás oito parroquias de Xove, que son pouco coñecidas polo público en xeral, e mesmo, en moitas ocasións, tamén pola propia veciñanza.
O almanaque complétase cunha felicitación de nadal do alcalde e da Corporación Municipal do Concello de Xove, ademais dunha ampla listaxe con teléfonos de servizos de interese para a poboación.
O Concello de Barreiros anuncia: “os nosos calendarios anuais xa saíron de imprenta e nos vindeiros días irán chegando ás casas. Para facilitar a operativa, pedímosvos que non pasedes recollelos ata o ano novo, no caso de que non se vos repartira. Durante o 2025 poderemos disfrutar das fotografías dos traballos que sempre se realizaron en Barreiros e poñelos en valor; porque o traballo é o mellor valor dun pobo. Agardamos que os disfrutedes e os usedes!”.
Desde o Concello explican que “con certas complicacións no subministro de material e tamén cos recursos humanos (porque a cousa está poñéndose ben complicada), nos vindeiros días chegaranvos os almanaques deste ano ás casas”.
Subliñan que “ee tedes moita ansia, podedes pasar recollelos polo Concello en horario de 9:30 a 14:30 horas”.
Desde o Concello barreirense engaden: “agardamos que vos gusten, porque con eles queremos axudarvos a ollar cada recuncho para atopar o orgullo da nosa historia”.