xabóns e velas

23/06/2025

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova proposta a través do obradoiro de emprego que actualmente ten, denominado Máis emprego. Son obradoiros para aprender a elaborar xabóns e velas, que se celebrarán en San Cosme desde este xoves, 26 de xuño, e en San Miguel desde este venres, 27 de xuño.

“Trátase de dous obradoiros prácticos, ideais para aprender a elaborar xabóns artesanais e velas aromáticas naturais. Desenvolveranse en dúas localizacións: Escolas de San Cosme, comezo o 26 de xuño ás 10:30 horas; e Colexios vellos de San Miguel, comezo o 27 de xuño ás 11:30 horas. Cada taller constará de dúas xornadas, cunha duración aproximada de 1 hora por sesión. As prazas son limitadas polo que, as persoas interesadas en asistir, deben anotarse previamente no Concello ou chamando ao 982.124.002”, explica o Concello de Barreiros.