
O colectivo cultural Ollomao organiza no municipio de Barreiros un ciclo de obradoiros de artesanía, titulado SanArte, os días 29 de marzo, 26 de abril, 30 de maio e 13 de xuño.
Ollomao anuncia que “con este ciclo de obradoiros convidámosvos a parar, respirar e reconectar co ritmo pausado do traballo artesanal. A través de diferentes propostas creativas achegarémonos ao poder terapéutico de crear coas mans, ao contacto cos materiais naturais e á inspiración que nos ofrece a natureza. Serán encontros para aprender, experimentar e compartir, pero tamén para atoparnos nun espazo seguro, entre iguais, onde conversar sen présa e deixar que o benestar xurda do colectivo. Porque ás veces crear tamén é iso: escoitar, compartir e sentir que formamos parte de algo común”.
Este domingo, día 29 de marzo na Escolas Unitarias de San Cosme terá lugar o obradoiro Kintsugi, con Maica, de Esquina Atlántica (Mondoñedo); o do 26 de abril será nas Escolas de Reinante e tratará sobre xoiería sostible e paseo pola praia, con Claudia, de Aurarte; o 30 de maio desenvolverase no Teleclub da Rilleira, titúlase Bosques eternos e será impartido por Úrsula, de Kai.Zen Estudio; e o do 13 de xuño será nas Escolas de Vilamartín Pequeno, co título Auga florida e a cargo de Andrea, de Cóxegas na alma. Os catro levaranse a cabo de 17:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas en máis información e para inscricións poden contactar a través do teléfono 678.546.526 (Marisa).


