Músicas

Etiquetas:
26/06/2026

O Concello de Ribadeo anuncia que “a maxia do regreso, o aroma do tabaco e o liño branco volven inundar as rúas de Ribadeo nunha nova edición do seu xa emblemático Ribadeo Indiano. Un dos piares fundamentais desta viaxe ao pasado é, sen dúbida, a súa banda sonora: unha coidada selección musical que recrea o ambiente das sociedades da emigración galega en Cuba, Arxentina ou México”.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a festa arrincará oficialmente o 10 de xullo. Como xa é tradición, o Coro Sagrado Corazón porá a nota emocional unindo as dúas beiras do Atlántico. Tras o tradicional desembarco teatralizado no peirao de Porcillán, a música será a encargada de recibir aos indianos. A noite tinguirase de nostalxia e elegancia cos concertos de formacións como Gallaecia Small Band. O broche de ouro da primeira xornada chegará...

leer más
Etiquetas:
06/03/2024

Dende hoxe, 6 de marzo, ata o 15 deste mes pódese visitar nas instalacións da EMMeD a exposición Trombonistas inspiradoras.

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “este é o resultado dun traballo de investigación e recompilación de Hanna Nauke, alumna de trombón da EMMeD, que ao comprobar as poucas mulleres que tocaban instrumentos de vento metal fixo esta labor”. 

O responsable da EMMeD, Hugo García, sinala que “trátase de doce paneis coa biografía de diferentes instrumentistas desta especialidade onde explica a súa traxectoria e mediante códigos QR poderanse ver vídeos destas importantes trombonistas.  Así mesmo, no texto de presentación desta exposición, a autora comenta varios casos concretos de orquestras profesionais onde unha vez máis queda reflectida a presenza minoritaria de...

leer más