Cea
O 6 de maio celébrase en Burela unha cea de cóctel para recadar fondos para a alfombra floral das festas patronais.
O evento terá lugar no hotel Nordés a partir das dez da noite. A velada estará amenizada por Dj Chente.
O prezo é de 30 euros, 25 destinados á cea e 5 euros coma donativo para a ofrenda floral.
Os tíckets están á venda no hotel Nordés ata o 3 de maio.
O club de fútbol Sporting Pontenova organiza unha cea baile para o 20 de xaneiro, venres, ás 22:30 horas no Local das Sociedades. A festa será amenizada polo dúo Estrellas e a cea serviraa O Lar de Balbina. Haberá sesión vermú antes de cear, a partir das 21:30 horas.
O menú para adultos ten un prezo de 23 euros e inclúe empanada, lacón, fabada, tenreira guisada, bebida, sobremesa e café. E o menú infantil, que custa 15 euros, está composto por tortilla, pizza, táboa de embutidos, tenreira guisada, bebida e sobremesa.
Os tickets para participar poden recollerse en O Lar de Balbina ou solicitalos a membros da directiva do club ata o mércores 18.
Para a organización deste evento o Sporting Pontenova conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.
A Aciam de Xove instalará unha pista de xeo na Praza do Centro Cívico do 15 ao 30 de decembro, ambos días inclusive.
A apertura o 25 de decembro vai ser opcional, e abrirase ou non dependendo dalgúns factores de última hora. En calquera caso, avisarase do que se faga este día.
O prezo das entradas é de 7 € para o público en xeral (prezo en taquilla) e de 5€ para os que presenten bonos desconto de 2 €uros. Estes bonos desconto serán repartidos polos comerciantes asociados da Aciam Xove, e vanse entregar tamén estes bonos descontos a ANPAS, colexios e institutos de Xove e da zona. Polo tanto, animamos a todas as persoas que gusten desta actividade a que veñan a Xove, e xa saben, se mercan nun establecemento asociado noso van ter un desconto de 2 €uros.
Nesta actividade, organizada por...
leer másA comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, organiza a terceira edición da súa cea baile. Será o 3 de decembro, sábado, no pavillón polideportivo de Alfoz, desde as 21:30 horas.
A organización anuncia que a cea estará servida polo catering Chao da Brea e haberá baile amenizado pola disco móbil Conxuro, sorteos e moitas sorpresas máis.
Para reservar hai que contactar cos teléfonos 679.566.111 ou 603.670.661 e o prazo remata o 30 de novembro.
A comisión de festas do Naseiro organiza unha cea baile o vindeiro 23 de abril ás dez da noite no Campo do Naseiro.
O menú estará composto por empanada, sopa de peixe, codillo asado, tarta xeada e café.
O prezo é de 25 euros. O tíckets para asistir poden reservarse ata o día 20 aos membros da comisión nos seguintes teléfonos: 669 30 22 11 – 693 62 38 81 – 686 80 77 80 – 678 26 09 00
A cea estará amenizada por Trío Tapyoka e DJ Tapy García.
O evento está organizado pola comisión de festas do Naseiro, que conta coa colaboración de Seiramar Espectáculos Musicales e Concello de Viveiro.
Dentro dos condicionantes que se impoñen nestes tempos, o Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro (Lugo) non perde a súa festa de despedida do ano, nesta ocasión con máis gañas ca nunca, xa que na noite do 31 de decembro acollerá a súa tradicional cea de fin de ano.
Dadas as restriccións de horario marcadas polas autoridades, nesta ocasión o protagonismo da noitevella será máis para a gastronomía e menos para a festa, que durará pouco tempo tra-las badaladas.
O menú que se ofrecerá para despedir o ano inclúe Salpicón de Lumbrigante; Vieira en dúas preparacións; Pescada do pincho de Burela rechea de marisco, cama de panadeira e salsa de porros; Sorbete de mojito; e Solombo de Ternera Gallega albardado, foie micuit, pataca bastón e atado de trigueiros.
Ademais da cea de fin de ano, o Hotel...
leer másO hotel restaurante Vila do Val, de Ferreria do Valadouro, organiza unha cea máxica que se celebrará o vindeiro sábado, 9 de novembro, a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación do Mago Teto.
O menú constará dun entrante, denominado Bocado Máxico, e que serán cristais de tomate do Valadouro; o primeiro prato, chamado Variña do Mago, estará composto de roliños de setas con panceta; o segundo prato, Fusión de Trucos, será carrilleiras con mazá; e a sobremesa, chamada O As da Manga, consistirá nun biscoito de castañas. Estes pratos estarán acompañados con viños tinto ou branco, auga mineral, café ou infusión.
Durante a cea actuará o Mago Teto, quen ofrecerá maxia de preto entre prato e prato e un espectáculo final, para un mínimo de vinte persoas, despois de servir os cafés.
O prezo...
leer másXa está todo a punto para a gran cea de celebración coas novas Raíñas. O Pescados Rubén Burela FS despedirá a tempada este xoves, día 20, cunha cea no Hotel Nordés (21.30 horas), na que as Guerreiras Laranxas poderán festexar coa afección a última xesta, a I Copa de SM A Raíña.
Todas as persoas interesadas poden reservar o tícket no Nordés, ao prezo de 25 euros, ata mañá, mércores 19, ás 15.00 horas.
Menú: Patacas ao pobre con xamón, croquetas caseiras, chipiróns fritos, lagostinos á prancha e solombo de porco. Bebida (Rioja, Albariño, cervexa, refrescos…), postre caseiro, café e chupito.
Agardámosvos o xoves 20!!! Facendo Historia!!!
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do XXV aniversario da súa creación, organiza unha cea de confraternidade para rematar o curso. Será o 29 de xuño.
Esta cea está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non. O prezo estará entre os 20 e os 25 euros.
Dende a EMMeD comunican que para facer unha previsión das persoas que asistirán, realizarase unha pre inscrición para acadar unha mellor planificación do evento.
O prazo para que se anoten as persoas interesadas ábrese hoxe, martes, e rematará o 31 de maio. As inscricións poden facerse no enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@gmail.com o una propia Escola.
A dirección do...
leer másO Pescados Rubén Burela FS terá que pospoñer a Festa de Primeira coa afección, prevista para este sábado, para o xoves 16 de maio, debido a compromisos copeiros. O equipo de Juanma Marrube pelexará por revalidar o título irmandiño na fase final de XXVIII Copa Galicia nas Pontes (luns 6 e martes 7 de maio); así o deu a coñecer a Real Federación Galega de Fútbol no día de onte.
A Parrillada Don Chuletón acollerá a cea do ascenso, na que os campións de Segunda LNFS e os/as seareiros/as poderán celebrar xuntos a volta á elite do fútbol sala; será o véspera das Letras Galegas, a partir das 22.00 horas, con prezo de 30 euros/persoa.
Os tíckets poderán adquirirse na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta) ata o luns 13 de maio. Tamén se poderán mercar en Vista Alegre este sábado, 4 de maio,...
leer más