O Praias de Barreiros Club Deportivo celebra a súa cea baile desta tempada o 11 de maio

O Praias de Barreiros Club Deportivo celebrará a súa cea baile desta tempada 2023-24 o sábado 11 de maio ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira, de Benquerencia.

A organización anuncia: “se queres volver a desfrutar desa noite fantástica na que se xunta toda a familia verde, xa podes mercar a túa entrada no propio restaurante A Ribeira, a través de calquera membro da directiva ou a través de calquera das nosas canles e redes sociais. Date présa, pois o aforo é limitado e non queremos que te perdas esta gran cita. Para amenizar a velada contaremos coa presenza da Discomovil EvenTeC, que de seguro que nos fará baixar ben a comida con uns bailes”.

O prezo da entrada son 30 euros para os adultos e 15 euros para os menores de 10 anos.