Volei
O Pavillón da Veiga acollerá o VII Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” mañá sábado 8 de xuño, organizado polo Concello de Cervo e o Club Deportivo San Ciprián.
A rexedora, Dolores García Caramés, presentou o evento, xunto co equipo e membros da directiva da sección de volei do Club Deportivo San Ciprián “unha actividade que porá tamén punto e final a un curso excepcional das Escolas Deportivas Municipais que tamén contaron con esta disciplina con máis de vinte nenos e nenas inscritas este curso”.
A rexedora aproveitou a ocasión para felicitar ao equipo humano que dirixe os adestramentos, tando do equipo sénior do CD San Ciprián como das EDM de Cervo, que “son parte importante do éxito que tivo esta disciplina”, e que souberon contaxiar a súa paixón por este deporte aos/ás máis novos/as; sen dúbida é unha gran...
leer másSúmate ao Volei, a actividade organizada polo Concello de Ribadeo e a Anpa O Esteo, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, foi un éxito. Debido á boa acollida prolongarase durante un mes máis, segundo deu a coñecer a concelleira de Ensino, Pilar Otero.
A edil ribadense explicou que “unha vez avaliados os resultados e os obxectivos acadados decidiuse estender a actividade un mes máis, xa que o grao de satisfacción é dificilmente superable”.
Desde a Anpa O Esteo comentaron que “durante os obradoiros que se celebraron, a mocidade participante aprendeu, medrou e desfrutou a través desta disciplina deportiva. Creouse un espazo de lecer saudable, onde destacaron as accións humanizantes e inclusivas nas prácticas deportivas como cohesión e cooperación: valoración positiva do grupo e tolerancia cos erros d@s compañeir@s; e...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá o VI Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” este próximo sábado 28 de maio.
O edil de Deportes, David Rodríguez, visitou ao alumnado e aos monitores desta disciplina que forma parte da oferta deportiva das Escolas Deportivas Municipais para presentar a competición “que pon punto e final a un curso excepcional” no que contamos coa participación de medio cento de mozos e mozas –sen ter en conta a categoría sénior que se integrou no C.D. San Ciprián e que sumou uns trinta rapaces/as máis-.
O edil aproveitou para felicitar ao equipo humano que dirixe os adestramentos que “son parte importante do éxito que tivo esta disciplina”, e que souberon contaxiar a súa paixón por este deporte aos/ás máis novos/as; sen dúbida é unha gran nova para Cervo -engadiu- “que o deporte, en calquera das súas...
leer másO vindeiro luns, 5 de agosto, dará comezo na praia da Pasada de San Miguel de Reinante o curso infantil de volei-praia que o Colectivo Cultural Ollomao ofrece, de forma gratuíta, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. Serán 5 sesións de dúas horas de duración, desde as 11,30 até as 13,30, e poderase asistir a calquera delas, independentemente de ter participado ou non nas anteriores. Así, o curso como tal darase por rematado o venres 9 de agosto e terá como broche final a disputa, nesa mesma fin de semana, do I Torneo Infantil Praia da Pasada (sábado 10) e do XVI Torneo (sénior) Praia da Pasada (domingo 11), ambos abertos á participación de calquera persoa interesada.
O volei-praia ten sido, nos últimos 30 anos, unha actividade representativa da praia da Pasada, exercendo como axente dinamizador e...
leer más