Ribadeo acolle unha exposición fotográfica sobre o ex presidente do Goberno Leopoldo Calvo-Sotelo

A vila ribadense acolle unha exposición fotográfica sobre Leopoldo Calvo-Sotelo, que foi presidente do Goberno, alcalde honorario de Ribadeo e fillo adoptivo deste municipio.

Esta mostra estará todo o verán na praza Pancho Maseda, xunto á Casda do Concello. A familia de Leopoldo Calvo-Sotelo escolleu un conxunto de fotografías para achegar ás persoas que a visiten ás distintas facetas da vida do presidente. A exposición foi presentada pola súa filla, Pilar Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, que pronunciou un discurso moi emotivo no que subliñou a vinculación da súa familia con Ribadeo.

O alcalde ribadense, Daniel Vega, agradeceu a colaboración da familia Calvo-Sotelo para poder instalar esta exposición fotográfica. No acto tamén interveu a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.