Entroido
Este domingo, día 15 de febreiro, en Cervo haberá desfile de Entroido que sairá do colexio ás 18:00 horas e chegará á carpa instalada na Praza do Souto. O desfile estará amenizado pola charanga Os Macanudos e ao remate a festa continuará coa sesión musical de DJ Conxuro.
Haberá premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas, consistentes en figuras de cerámica e cestas con produtos típicos de Entroido.
As comparsas deberán estar integradas por máis de 8 persoas. As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 629.95.17.61 (Raquel) ou 617.31.32.07 (Rafa). As comparsas que se inscriban antes do sábado recibirán unha cesta con produtos típicos de Entroido.
Este evento está organizado pola asociación cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de...
leer másBurela celebrará un baile de Entroido e San Valentín este sábado, día 14 de febreiro. Será na carpa instalada na Praza da Mariña desde as 23:30 horas ata as 04:00 da madrugada e haberá música en directo.
É un evento organizado para colaborar coas festas patronais de Burela e a comisión anuncia: “ven disfrazado/a, trae á túa xente e baila ata que o corpo aguante”.
O Concello do Valadouro organiza actividades de Entroido para os días 15 e 17 de febreiro, domingo e martes.
O domingo 15 terá lugar o desfile polas rúas desde as 17:30 horas. A saída será desde o Parque Concepción Arenal e percorrerá a Praza de Santa María, A Ponte e as rúas Xistral, José A. Ferreiro González e Leandro Buján para rematar no Pavillón Municipal. As inscricións poden facerse na sede electrónica ou en dependencias municipais (Cultura e Concello) ata o 13 de febreiro ás 14:00 horas.
E o martes 17 será o Entroido Infantil, desde as 16:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal, con inchables, pintacaras, e outras actividades.
O Concello de Barreiros organiza actividades para celebrar o Entroido o mércores 18 e o venres 20 de febreiro e anuncia que “o Entroido volve a Barreiros cunha programación chea de alegría, disfraces e ganas de pasalo ben, con dúas citas imprescindibles para pequenas e grandes”.
O mércores 18 de febreiro haberá unha festa infantil de Entrodio no CEIP de San Cosme de 9:30 a 13:30 horas: “un espazo pensado para a cativada, con música, xogos e merenda típica do Entroido incluída. Inscricións abertas ata o 16 de febreiro, cun tope de 60 prazas”.
E o venres 20 celebrarase o Desfile de Entroido, con saída ás 21:00 horas desde a Praza do Concello. “Comparsas, charangas, grupos e disfraces individuais volverán encher as rúas de San Cosme de cor, creatividade e bo humor. Como novidade, contaremos con pulpería, tanto ao...
leer másO Concello de Viveiro recuperará este ano o pregón do Entroido, unha tradición que formou parte da historia desta celebración no municipio. Nesta edición será o acto de inicio da programación e terá lugar no Teatro Pastor Díaz. Deste xeito Perfecto Parapar Trasancos será o encargado de inaugurar o Entroido 2026 en Viveiro o xoves 12 de febreiro ás oito da tarde.
Perfecto Parapar Trasancos é un veciño de Viveiro “moi vinculado ao Entroido e que mantivo unha relación continuada con esta festa durante os anos. Deste xeito o pregón porá o foco no recoñecemento da participación e do compromiso persoal coa tradición popular do concello. O Entroido de Viveiro conta cunha tradición moi arraigada e, historicamente, desenvolveuse con diferentes formas de participación. Nas parroquias celebrábase o Entroido do rural, en lugares como Landrove, Galdo,...
leer másO Concello de Mondoñedo vén de presentar a programación do Entroido 2026, que se celebrará do 7 ao 21 de febreiro, cun calendario festivo que “combina tradición, gastronomía e espectáculos musicais e que conta coa colaboración do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo e da AC Pasatempo. Veciñanza e visitantes poderán gozar durante dúas semanas dunha oferta pensada para todos os públicos”.
“A programación arrinca este sábado, día 7 de febreiro, co IV Cocido Baile O Pasatempo, amenizado polo Dúo EPO-K e o Trío Merengue na Finca San Antonio. As persoas interesadas poden consultar prezos directamente coa organización. O venres 13 de febreiro celebrarase a tradicional Cea de Comadres no Círculo Recreativo Casino, unha cita xa consolidada no calendario festivo mindoniense. A información sobre prezos deberá solicitarse á entidade organizadora. O...
leer másO Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar no Entroido 2026, cunha programación “chea de actividades para todos os públicos que se desenvolverá do 12 ao 18 de febreiro. Cultura, música, humor e tradición encherán as rúas do municipio durante toda a semana”.
O xoves 12 será o pregón de Carnaval no Teatro Pastor Díaz e Tapeo de Comadres. O venres 13 haberá obradoiros infantís e Música e Palabra, a cargo do grupo de teatro Andanzas. Para o sábado 14 está programada unha actuación do DJ Karras Martínez na Praza Maior, Pasarrúas do Entroido e Alpuxarradas. O domingo 15 haberá Entroidiño para a cativada. O luns 16 celebrarase a II Festa do Entroido en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro. O martes 17 será o tradicional Desfile de Entroido con concurso de disfraces. E o mércores 18 rematarán as actividades con Adeus...
leer másO Concello de Trabada, en colaboración coa Asociación Cultural O Picato, organiza o Entroido de Trabada, “unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal, que terá lugar o sábado 28 de febreiro e que converterá novamente o centro da vila nun espazo de festa, participación e convivencia”. Haberá desfile e verbena.
O Concello de Trabada asume nesta edición o papel de organizador principal dun evento que “cada ano reúne a centos de persoas, tanto veciñanza do municipio como visitantes doutras localidades, consolidándose como unha cita imprescindible do Entroido na comarca”.
A programación comezará ás 18:00 horas co tradicional desfile de disfraces, no que poderán participar carrozas, grupos, comparsas, charangas, parellas e participantes individuais. As inscricións poderán realizarse de xeito...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que vén de aprobar as bases reguladoras do Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido 2026, que se celebrará o martes de Entroido, co obxectivo de “incentivar a participación cidadá nunha das celebracións máis tradicionais e concorridas do municipio”.
O concurso contará con categorías de adultos e infantil. Na categoría de adultos poderán participar carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, mentres que na infantil establécense as modalidades de individual, parellas e grupos. Para os efectos destas bases, considérase carroza todo vehículo de tracción mecánica con plataforma e un mínimo de catro persoas participantes. Poderán tomar parte no concurso persoas particulares, asociacións, entidades legalmente constituídas e grupos ocasionais, que deberán designar unha persoa representante....
leer másLourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 22 de febreiro. Repartirá máis de 5.000 euros en premios e estará amenizado por Puzzle Animación.
O desfile, organizado polo Concello de Lourenzá, empezará ás 16:30 horas e as inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres ou por teléfono no número 982.12.10.06; e tamén o propio domingo 22 de febreiro no recinto feiral de Vilanova de 12:00 a 15:00 horas.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que nos próximos días publicaranse as bases do desfile de Entroido na web municipal.












