O desfile do Entroido en Cervo será este domingo, 15 de febreiro, e ao remate haberá festa

Este domingo, día 15 de febreiro, en Cervo haberá desfile de Entroido que sairá do colexio ás 18:00 horas e chegará á carpa instalada na Praza do Souto. O desfile estará amenizado pola charanga Os Macanudos e ao remate a festa continuará coa sesión musical de DJ Conxuro.

Haberá premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas, consistentes en figuras de cerámica e cestas con produtos típicos de Entroido.

As comparsas deberán estar integradas por máis de 8 persoas. As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 629.95.17.61 (Raquel) ou 617.31.32.07 (Rafa). As comparsas que se inscriban antes do sábado recibirán unha cesta con produtos típicos de Entroido.

Este evento está organizado pola asociación cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.