Leopoldo Calvo-Sotelo
Este martes, 14 de abril, deron comezo en Ribadeo os actos conmemorativos do ano dedicado á figura do presidente do Goberno e alcalde honorario deste Concello, Leopoldo Calvo Sotelo. Están organizados polo Concello coincidindo co centenario do seu nacemento. Houbo unha ofrenda floral no cemiterio municipal que realizaron o alcalde, Dani Vega; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e unha das netas de Calvo-Sotelo. O Trío de Cámara da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova interpretou Alfonsina y el mar e concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, recitou o poema de Manuel María O meu barco, debido á conexión de Leopoldo Calvo-Sotelo coa ría. A continuación tivo lugar un pleno extraordinario no Pazo de Ibáñez para declarar este 2026 como o ano Leopoldo Calvo-Sotelo. O Concello traballa na organización de diferentes actividades como unha...
leer más



