Entroido

Etiquetas:
03/02/2024

O Concello de Viveiro anuncia a programación do Entroido 2024, cunha oferta de actividades para todas as idades. A alcaldesa, María Loureiro, espera que tanto “os veciños e veciñas de Viveiro, como quen nos visita nestas datas, gocen dun programa de Entroido cheo de actividades, co que mantemos e enxalzamos esta festa popular, involucrando a toda a cidadanía”.

“Un ano máis agradecemos a todas as entidades locais, cuxa colaboración fai posible que celebremos un gran Entroido en Viveiro. Este ano o programa conta con opcións para todas as idades, que percorren ademais distintos puntos da nosa vila”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O programa comezará o xoves 8 de febreiro, co “Juepeo especial de Comadres”, mentres que o venres 9 celebrarase o entroido escolar, “A mañanciña”, polas...

leer más
Etiquetas:
03/02/2024

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Entroido, que se celebrará o 21 de febreiro, mércores ás 14:30 horas.

O  menú estará composto por sopa, cocido completo, sobremesa e café. Será servido por Mesón O Sarredo e haberá música coa actuación do dúo Muralla. O prezo é de 27 euros por persoa.

As persoas interesadas en participar deben apuntarse nos centros veciñais ou no Concello antes do 18 de febreiro.

02/02/2024

O Concello de Burela presenta a súa programación de Entroido. Serán un total de seis días con numerosas actividades, dende o venres día 9 de febreiro ata o mércores 14, día do Enterro da Sardiña.

“Chega o entroido e con el as ganas de divertirse, de disfrazarse e de manter o espírito participativo para continuar con este dinamismo que move Burela”, sinalou a alcaldesa do municipio, Carmela López. 

"Tanto o Concello como as entidades que se suman á celebración organizando bailes e concursos estamos a traballar arreo para darlle auxe ó entroido", afirmou pola súa banda Patricia Eijo Palmeiro, concelleira de Festas e Festexos.

Dentro da programación destacan as actividades que se realizarán na carpa da praza da Mariña. A primeira delas será a Festa Xuvenil, que inaugurará a programación...

leer más
Etiquetas:
30/01/2024

O Vicedo celebrará o Entroido o sábado 17 de febreiro con sesión vermú e verbena.

As actividades, organizadas pola comisión de festas de Santo Estevo, comezarán ás 13:30 horas con sesión vermú amenizada por Borja Dinastía. A partir das 16:30 horas haberá festa infantil con inchables e DJ e ás 21:30 horas terá lugar o desfile infantil con premios e cea merendola. 

A verbena empezará ás 22:30 horas e estará amenizada pola orquestra Unión y Fuerza e Discomovil Eventec. E ás doce e media da noite sortearase unha gran cesta e farase o desfile de adultos.

 

Etiquetas:
30/01/2024

O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente alcalde, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco e a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, colectivos estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente; ademais de representantes da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, que colaboran no Entroido de San Ciprián coa venta de bolos preñados e de chocolate e sobremesas típicas destas datas; e de membros da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, que...

leer más
Etiquetas:
29/01/2024

O Concello de Viveiro, consonte o previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo, e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o martes de Entroido, con motivo da celebración do desfile de Entroido, establece as normas reguladoras de participación, axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes

BASES

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO Constitúese como obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de disfraces do desfile de Entroido organizado polo Concello de Viveiro.

... leer más
Etiquetas:
29/01/2024

O Concello de Mondoñedo organiza o desfile de Entroido para o 17 de febreiro, sábado, a partir das 17:30 euros. Repartiranse 5.000 euros en premios.

Todos os participantes poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou no teléfono 982.50.71.77. O prazo máximo para inscribirse será ata as 12 horas do venres 16 de febreiro. Á hora de inscribirse facilitaranse os seguintes datos: nome e DNI completo da persoa representante, nome do disfrace e un teléfono de contacto. Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado no edificio municipal do Campo dos Paxariños (antiga oficina de Emprego). Ás 17 horas, os disfraces deberán estar preparados para atender ás indicacións da organización e proceder ao seu posicionamento no desfile, para que discorra coa máxima orde...

leer más
Etiquetas:
28/01/2024

A parroquia viveirense de Galdo celebrará o seu Entroido o 17 de febreiro, Sábado de Piñata. A festa, que empezará ás 22:30 horas, estará amenizada polo trío Karma.

A entrada será libre e haberá premios e agasallos para os mellores disfraces e lambetadas propias do Entroido.

Está organizado pola asociación de veciños Camiño de Galdo e colaboran Espectáculos Seiramar e o Concello de Viveiro

“Ven a troulear con nós! Temos comida, bebida e premios para os mellores disfraces!”, anuncia a organización.

Etiquetas:
27/01/2024

O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido Infantil para o 13 de febreiro, martes, no pavillón municipal.

Será de 17:00 a 20:00 horas e haberá inchables e chocolate con churros para todos os asistentes.

 

Etiquetas:
27/01/2024

Desde o vindeiro luns, 29 de xaneiro, poranse á venda as entradas para presenciar o desfile desde a bancada instalada no porto. Será de 9 a 14 horas no Cenima ata o 9 de febreiro. En caso de non esgotarse o día do desfile, o 10 de febreiro, venderanse na caseta do recinto desde as 12 da mañá ata o inicio do desfile.

O prezo para as persoas maiores de 12 anos será de 5 euros. E os menores desa idade poderán acceder gratis.