Entroido
A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza actividades para celebrar o Entroido os días 11, 13 e 16 de febreiro.
O domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas haberá desfile de disfraces polas rúas de Ferreira, pasando pola praza e a ponte, ata o Pavillón Polideportivo Municipal, onde haberá festa amenizada polo dúo Belinda. A inscrición pode facerse ata o venres 9 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura ou no local social do parque Concepción Arenal o 11 de febreiro desde as 15:00 ata as 16:30 horas.
O martes 13 de febreiro a partir das 16:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal terá lugar o Entroido Infantil, con festa de disfraces e xogos, inchables, obradoiros e outras actividades.
E o venres 16 de febreiro a partir das 20:00 horas celebrarase o Enterro...
leer másO Concello de Xove ven de presentar o programa definitivo do Entroido 2024, que arrincará o 9 de febreiro con baile infantil de disfraces no pavillón municipal a partir das 18:00 horas, amenizado pola disco móbil Conxuro.
Xa o sábado, 10 de febreiro, desenvolveranse as actividades centrais do Entroido co seguinte programa:
-17:00 horas.- Desfile de Entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.
-Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, haberá festa rachada no pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola DISCO MÓBIL...
leer másA Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao, no concello de Lourenzá, acollerá unha actividade sobre os entroidos de antes titulada “Tempo de faruleiros”. Será este domingo, 21 de xaneiro, ás 17:30 horas. Está organizada pola Asociación Patrimonio Laurentino e pola Asociación de Veciños San Adriano.
Os organizadores anuncian: “agora que remataron as festas de Nadal e o Entroido peta xa á porta, imos ter esta actividade tan bonitiña en colaboración coa Asociación de Veciños da parroquia de Santo Adrao. Lembraremos coa xente máis maior como eran os entroidos de antes e contaremos tamén con Xosé Manuel Seixas, un dos maiores especialistas en máscaras e entroidos tradicionais de Galicia. Comeza o tempo dos faruleiros e das faruleiras. Animádevos”.
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz presentaron as actividades para o Entroido 2024.
O programa comeza coa coroación da raíña, que será o vindeiro sábado día 27 na carpa situada na rúa Atalaia, na que a raíña saínte, Uxía Valmayor Forés entregará a coroa a Carlota Fernández del Riego. “Estamos cos últimos preparativos, relativos á colocación e decoracións definitivas”, explicou Fátima Novo, presidenta de O Noso Foz. “É moi importante para nos que se coiden os detalles e sobre todo que os asistentes desfruten moito e se atopen a gusto”, indicou Inés López, concelleira de Cultura.
Sendo o primeiro ano como Festa de Interese Turístico, Foz prepara con mimo todas as actividades “tentamos que todo saia da mellor maneira, os grupos están traballando moito en facer uns traxes incribles e a organización estase...
leer másA asociación cultural O Picato convocou a oitava edición do concurso para elixir o cartel anunciador do Entroido de Trabada.
Os traballos recóllense no supermercado Spar de Trabada e o prazo para presentalos remata o 26 de xaneiro ás 20:00 horas.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que serán anónimas e os datos persoais do autor ou autora deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo.
O premio para o gañador é de 50 euros, que se lle darán o 24 de febreiro durante a entrega de premios do desfile de Entroido.
Todos os traballos que se presenten expoñeranse na Casa da Cultura de Trabada.
O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) anuncian que “o tradicional desfile de Domingo de Piñata de Lourenzá trasládase para o 25 de febreiro, con carácter excepcional. Este cambio na data ven motivado pola celebración das eleccións autonómicas que terán lugar o 18 de febreiro, coa finalidade de garantir un bo funcionamento de ambas xornadas. Esta modificación só afectará a este ano e nos vindeiros seguirá celebrándose na súa data habitual, igual que sempre”.
A gala celebrouse onte á noite na Sala Bahía. A raíña do Entroido 2024 será coroada nunha grande cena, que terá lugar o vindeiro ano.
Carlota Fernández del Riego collerá o testigo de Uxía Valmayor, a raíña de 2023.
Á elección celebrada onte presentáronse 7 candidat@s: Dérek Pérez González, da comparsa Ruxe Ruxe; Carlota Fernández del Riego, da comparsa Trouleiras; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero, de Malo Será; Julio Villarino Neira, do grupo Vanche Galanas; Manuel Sanjurjo Rodríguez, de la comparsa Os Macanudos, de Barreiros, e María Díaz Villamor.
O Entroido de Foz foi declarado festa de interese turístico galego hai uns meses.
O evento para elixir a raíña ou rei do Entroido de Foz 2024, que fora aprazado polos incendios forestais da pasada semana, será este sábado, 21 de outubro, na Sala Bahía, a partir das 19:30 horas.
A asociación O Noso Foz anuncia que “o prezo da entrada, recurso indispensable para poder votar, é de 2 euros. Os menores de 14 anos entran gratis. Haberá servizo de barra. A noite estará amenizada por DJ Alejandro Martínez. A cea quedará en mans de Espacio Machete e haberá moitas sorpresas. Non te esquezas do teu disfrace. Non volo podedes perder! Esperámosvos! Desexámoslles a maior das sortes a todos os candidatos/as! Estamos seguros de que todos serán dignos representantes do noso queridísimo Entroido”.
A comisión de festas de Santo Estevo organiza actividades de Entroido en O Vicedo para este sábado, 25 de febreiro.
Ás 16:30 horas empezará a festa infantil, na que haberá inchables; ás 18:30 horas actuará un mago e a partir das 21:30 horas celebrarase o desfile infantil con premios.
Ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o dúo D´Vicio e Discomovil Eventec.
Ás 00:30 horas sortearase unha cesta de Entroido e haberá o desfile de adultos. E ás 01:00 horas realizarase un espectáculo de fogos artificiais.
Os organizadores explican: “contaremos coa presenza dos xa amigos Duo Dvicio e Discomovil Eventec, que amenizarán a noite e, en dous descansos, faremos o sorteo da gran cesta de Entroido e o desfile de adultos. Ademais haberá unha pequena tirada de fogos...
leer másO 19 de febreiro a partir das 17:00 horas terá lugar o Desfile de Disfraces polas rúas de Ferreira ata o pavillón polideportivo municipal.
Haberá premios para infantil e adulto individual, infantil e adulto parella e infantil e adulto grupo e tamén para o Entroido máis Simpático.
O 21 de febreiro será o Entroido Infantil na praza de Santa María a partir das 17:00 horas con inchables, obradoiros, xogos… en caso de choiva a festa trasládase ao pavillón.
E o 25 de febreiro será o Enterro da Sardiña con saída ás 20 horas desde o parque Concepción Arenal ata a Praza de Santa María. Haberá lectura de coplas e xuízo.












