Entroido
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo, 27 de febreiro, a partir das 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, o grupo de pandeireteiras da Subela e o grupo de rock focego Os Kentakis.
A organización deste evento implica o retorno á actividade desta entidade cultural após o parón imposto nos últimos dous anos pola pandemia. Neste sentido a directiva do colectivo lembra que a última actividade promovida pola Pomba do Arco en 2020 foi precisamente o Touporroutou. Ao tempo, significa que a asociación programa para o mes de marzo e abril un completo programa de actos onde se recolle a recuperación das Xornadas de Arte.
A...
leer másVolve de novo o Entroido ao Valadouro con forzas renovadas. Despois da paréntese forzosa pola situación sanitaria, regresa unha das máis celebradas tradicións festivas no val onde a imaxinación desbordante, as gañas de diversión e de festa dos veciños e visitantes enche as rúas da vila.
O 27 de febreiro será o desfile, o 1 de marzo terá lugar o Entroido infantil e o 5 de marzo haberá coplas e celebrarase o enterro da sardiña.
A Concellería de Festexos presentou hoxe o cartel do Entroido 2022. Os actos programados desenvolveranse do 25 de febreiro ao 2 de marzo.
O Entroido burelés arrincará o venres, 25 de febreiro, coa celebración do xogo Busca do Tesouro, que sairá da praza de abastos ás 19:00 horas. Está organizado polo Grupo de Participación Adolescente e a inscrición previa pódese facer no teléfono 676 816 090 ou en info@branqueasociacioncurtural.com. Os grupos terán un máximo de cinco persoas, que deberán ir disfrazadas e os menores de 12 anos terán que ir acompañados de adultos.
O domingo, 27 de febreiro, celebrarase o Desfile de Carnaval que comezará ás 17:00 horas na rúa do Ril para rematar na Praza do Concello. As inscricións pódense facer na Casa da Xuventude ata o 25...
leer másA comisión de festas o Noso Foz e o Concello de Foz continúan traballando para que a edición 40 do seu desfile sexa a máis especial a pesar das medidas sanitarias e o COVID. O programa, que está pechando os seus últimos detalles, é amplo e inclúe diversos actos.
O próximo sábado 19 ás 15.00h será a comida de coroación na que sobre ás 17.30h Roberto Gómez (Alfalfa) recibirá a coroa de Andrea García Mondelo.
Os actos continuarán o xoves 24, día no que ás 18.30 se inaugurará a exposición do Entroido no Cenima, que estará adicada aos Pé do Molete, e acto seguido ás 20.00h na carpa da Sala Bahía estrearase o documental conmemorativo deste 40 aniversario.
O venres 25, será a quenda para o pregón ás 20h que darán os Pé do Molete e á súa finalización Dani Irimia levará a batuta das coplas,...
leer másO Concello de Cervo recupera a celebración do entroido, que terá lugar na última semana de febreiro, cos desfiles de Cervo e San Ciprián como pratos principais. O cartel completo con todas as actividades programadas será anunciado nos vindeiros días.
O Desfile de Entroido de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunco, levarase a cabo o domingo 27 de febreiro, mentres que o Desfile de Entroido de San Ciprián celebrarase, como sempre, o martes 1 de marzo. Os dous desfiles realizaranse respectando os protocolos e medidas que as autoridades establezan para esas datas.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés celebra que se podan retomar este tipo de eventos e aclarou que “os desfiles desenvolveranse respectando, sempre, as medidas de distancia social e seguridade establecidas na data na que se...
leer másO grupo de participación adolescente do Concello organiza a Busca do Tesouro para colaborar e animar o Entroido. Será o 25 de febreiro.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explica que “se trata de superar varias probas polo pobo e encontrar o tesouro agochado. A actividade terá lugar o 25 de febreiro, que é venres, a partir das sete da tarde e ata as dez da noite aproximadamente. É apta para todas as idades e dará comezo na Praza de Abastos”.
Os requisitos para participar son os seguintes: grupos dun máximo de 5 persoas; os menores de 12 anos deberán estar acompañadxs por unha persoa adulta; e ir disfrazadxs.
O grupo gañador recibirá como premio unha comida ou cea no Boas Migas (para os e as integrantes do grupo, máximo 17 euros por persoa, tendo que ir todos e todas xuntas...
leer másConcello e Acisa asumen neste 2022 a organización do Entroido ribadense. Será unha versión reducida, haberá baile infantil e o desfile o 1 de marzo, no que se repartirán 4.000 euros en premios. Ambas citas estarán adaptadas ás normas sanitarias fixadas en cada momento pola Xunta de Galicia.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “temos á volta da esquina as datas do Entroido, queda menos dun mes, un Entroido que desde logo non é como outro ano calquera. En primeiro lugar porque a covid aínda non se foi de todo, a día de hoxe seguimos baixando en incidencia, pero aínda temos numerosos casos que afortunadamente non son situacións tan graves como foron non hai moito tempo. E pola outra banda, porque tampouco houbo comisión de Entroido que puidese facer todas estas actividades previas de recadación de diñeiro para sufragar os diferentes custos...
leer másO Concello de Xove confirma que, este ano, haberá desfile de Entroido que se celebrará o sábado 26 de febreiro.
A Concellería de Cultura xa sacou as bases do Gran Desfile que percorrerá as rúas de Xove e no que se entregarán 4.910 euros en premios.
Haberá premios nas categorías de Carrozas, Comparsas e Grupos de dez ou máis persoas, Grupos de Adultos de tres a nove persoas, Parellas de Adultos, Individuais de Adultos (de 14 anos en diante), Grupos Infantís de tres a nove persoas, Parellas Infantís e Individuais Infantís. Tamén haberá premios para o disfrace máis orixinal tanto individual como colectivo, para o conxunto máis numeroso, para o participante máis maior e para o participante máis novo.












