Entroido
Alfoz celebrará o seu desfile de entroido, o luns 24 de febreiro, ás 21:30 horas nas categorías infantís e ás 22:15 h. nas de adultos.
As inscricións anticipadas poden facerse en asociación.ocastelo@gmail.com ata o día 23 ou presentarse o mesmo día do desfile ás 20:00 horas.
Haberá premios, nas categorías Infantil (ata 14 anos) Individual: 40€ para o primeiro, 30€ para o segundo e 20€ para o terceiro; en Parellas: 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro; e Grupos: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro. En Adultos Individual: 70€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 30€ para o terceiro; Parellas: 90€ para o primeiro, 70€ para o segundo e 50€ para o terceiro; e Grupos: 150€ para o primeiro, 100€ para o segundo e 70€ para o...
leer másO desfile de Entroido en O Valadouro celebrarase o vindeiro domingo, 23 de febreiro, ás 17:00 horas, con saída do parque Concepción Arenal e ata avenida Viveiro, pasando por A. López Palmeiro, praza de Santa María e A Ponte.
Haberá premios para a categoría infantil, en Individual: 100€, 70€ e 50€; en Parella: 120€, 90€ e 70€; e en Grupo: 200€, 150€ e 100€. Para a categoría de adultos, en Individual: 150€, 100€ e 70€; en Parella: 170€, 120€ e 90€; e en Grupo: 300€, 200€ e 120€. Tamén haberá premios para Comparsas de 400€, 250€ e 150€, e o entroido simpático de 60€.
Ao final do desfile celebrarase un baile e a entrega de premios, no pavillón polideportivo, con Discoteca Móbil Eventec. A inscrición previa deberá facerse nas oficinas da Casa da Cultura e o mesmo día no local do parque Concepción Arenal, de 15:00 a 16:...
leer másO Concello de Barreiros organiza un programa de actividades de Entroido que darán comezo o domingo, 23 de febreiro, cunha festa de disfraces e os días 24 e 26 con obradoiros, dentro do GastroEntroido infantil.
A festa do día 23 terá lugar no centro sociocultural a partir das 18:00 horas. Haberá un concurso de repostería de Entroido e a recollida de doces farase ata as 18:30 horas, un desfile de disfraces infantil, a actuación O Capitán Garfo: cociñando música, entrega de premios aos mellores disfraces e degustación dos doces presentados a concurso.
O día 24 no CEIP San Cosme de Barreiros de 10:00 a 13:00 horas haberá o obradoiro Cociñando o Entroido con confección de disfraces de reciclaxe. Será necesaria a inscrición previa e o número de prazas é limitado.
O día 26 de 10:00 a 13:00...
leer másO programa do Entroido en Foz, que se iniciou coa cea de coroación da Raíña, continuará o xoves de comadres, o 20 de febreiro, ás 21:30 horas na Sala Bahía, coa cea baile amenizada por Disco Móbil Eventec e organizada por AFAMMER e Asociación de Amas de Casa de Foz.
O venres 21 terá lugar o pregón que correrá a cargo da peña Eche o que Hai. Será ás 20:00 horas na Sala Bahía. Despois celebrarase o concurso de coplas.
O sábado 22 ás 10:00 horas darase o fogonazo e durante todo o día haberá actuacións de charangas polas rúas da vila con Perkusiona Escolas de Percusión. Ás 17:00 horas dará comezo o XXXIX Desfile do Entroido con máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana con Disco Móbil The Sound Project. Ás 23:30 horas na Sala Bahía celebrarase un gran baile coas orquestras...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza un ano máis o Touporroutou, unha das actividades máis arraigadas do entroido en Foz.
As persoas interesadas en presentar as súas coplas poden depositalas nas caixas instaladas no Bar Acuario, Anduriña, Lar, Muelle Bar, Pachán, Cafetería May Ros, Ribeira, Barrilete, Eskina e Funcional.
A organización solicita aos focegos e focegas a súa colaboración, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha auténtica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.
O Touporroutou celebrarase o domingo, 23 de febreiro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz. O espectáculo correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, as pandereteiras da Subela e o...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, a Delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e outros membros da corporación municipal, presentaron este pasado martes a programación do Concello para este Entroido xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, Asociación de Veciños de Lieiro, Rebolaxe, Mulleres Rurais As Espalladoras, Asociación Alborada e CIT San Ciprián.
Os actos comezan coa Cena de Comadres organizada pola Asociación Alborada o vindeiro xoves 20 na Terrada O Noso Lar.
O Desfile de Entroido de Cervo terá lugar o domingo 23 de Febreiro. As inscricións estarán a disposición dos participantes de 17h a 18h no pavillón de Cervo, de onde sairá o desfile que será amenizado por unha charanga. Ao remate haberá un espectáculo e a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e...
leer másO Concello de Xove mantén aberto, ata o vindeiro día 21 de febreiro, o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido que se celebrará o sábado 22 de febreiro.
Haberá premios para: Carrozas, con 500€ para o primeiro, 350€ para o segundo, 250€ para o terceiro e o cuarto, e 200€ para o quinto e sexto; Comparsas e Grupos de 10 ou máis persoas, con 300€ para o primeiro, 250€ para o segundo, 200€ para o terceiro e cuarto e 100€ para o quinto e sexto; Grupos de Adultos de 3 a 9 persoas, con 130€ para o primeiro, 100€ para o segundo, 70€ para o terceiro e cuarto e 60€ para o quinto e sexto; Parellas de Adultos, con 70€ para o primeiro, 60€ para o segundo e 50€ para o terceiro e cuarto; e Individuais Adultos (de 14 anos en diante), con 60€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 40€ para o terceiro e cuarto.
Na...
leer másA comisión do Entroido de Ribadeo comezará coa recollida de donativos entre os establecementos comerciais e hostaleiros. O presidente, Alfonso Rodil, agarda que colaboren na medida das súas posibilidades.
O presidente da comisión do Entroido explicou que “temos previsto empezar mañá sobre as 11 da mañá coa habitual colecta de donativos. Dada a premura de tempo agardamos que o pobo responda como vén sendo habitual. En principio vai ser soamente en establecementos comerciais e hostaleiros, tendas de todo tipo. E aproveitando que somos xente coñecida a todos aqueles que vexamos que nos poden dar un donativo en plena rúa tamén llo pediremos, sen subir aos pisos”.
Alfonso Rodil dixo que “como xa nos coñecen aqueles que se sintan realmente ribadenses e non queiran perder as tradicións que se celebran anualmente que...
leer másConstituíse a nova comisión do Entroido ribadense, que preside Alfonso Rodil. Nas últimas horas tivo lugar unha xuntanza no Concello á que asistiron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o alcalde, Fernando Suárez, e a técnica de Cultura, Neves Paz.
Otero Cabarcos sinalou que “comezamos a fin de semana con boas novas. Xa temos nova comisión do Entroido en Ribadeo e, aínda que con pouca marxe de tempo, está comezando a traballar arreo para que Ribadeo disfrute dun Entroido divertido para toda a veciñanza”.
A concelleira de Cultura contou que “as persoas que forman a comisión teñen experiencia, forza e ilusión, e seguro que contarán co apoio de moita xente”. O presidente é Alfonso Rodil Veiga; a vicepresidenta, Amelia Blanco Lombardero; Juan Valle Rafols é o secretario; Mª Susana Álvarez Rodríguez é a tesoureira e...
leer más












