Entroido

Etiquetas:
12/02/2019

O desfile do Entroido 2019 en Burela será o domingo, 3 de marzo e a premios vanse destinar máis de 3.000 euros. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agradece a colaboración do comercio e da hostalería locais, xa que doarán grande parte dos devanditos premios. O luns haberá actividades para os máis pequenos e o martes, 5 de marzo, que é festivo local, será o Día do Neno con xogos e actividades na carpa que estará instalada na praza do Concello e que será de maiores dimensións que a do ano pasado. Díaz mantivo onte á tarde un encontro coas asociacións de Burela para preparar o Entroido. 

O concelleiro de Cultura explicou que “tuvimos en el Concello una reunión con las asociaciones locales de todos los ámbitos, culturales, sociales, etc…, buscando un poco su colaboración, como hacemos ya desde hace años, para el Entroido 2019 que coincide el...

leer más
Etiquetas:
08/02/2019

O Concello de Foz presentou hoxe, venres, o seu programa do Entroido 2019. Os actos darán comezo o 16 deste mes coa cea de coroación da raíña e seguirán o día 28 co Xoves de Comadres. César Rodríguez González, coñecido como Cesarín, será o encargado de dar o pregón o 1 de marzo e o día grande será o 2 de marzo, data na que se celebrará o tradicional desfile do Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. As actividades seguirán ata o 8 de marzo.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que estivo acompañado na presentación polo concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, anunciou que “no día de hoxe vimos de presentar unha nova edición do Entroido de Foz, que comezará os seus actos o próximo sábado 16 de febreiro, coa cea de coroación da raíña do Entroido. É un éxito máis de participación, con máis de 800 entradas vendidas...

leer más
Etiquetas:
07/02/2019

Mondoñedo celebrará o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 9 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, xunto ao edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e ao presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM), Ángel Marful, presentaron o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios.

Dende o Concello anualmente amósanse comprometidos coa celebración do Entroido co obxecto de dinamizar e impulsar o tradicional desfile da cidade, “ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”, explican. 

O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíña do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento...

leer más
Etiquetas:
30/01/2019

A cea baile de coroación da raíña do Entroido de Foz, Sabela Pico Lombán, será o 16 de febreiro, sábado, a partir das dez da noite na Sala Bahía. As tarxetas para asistir hai que retiralas na Delegación de Cultura do Concello de Foz a partir do vindeiro martes, día 5, de 09:00 a 14:00 horas.

O menú da cea está composto por entrantes, sopa de Entroido, costela asada con guarnición, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupito. Estará amenizada por Puzzle Animación e o prezo da tarxeta é de 25 euros por persoa.

A retirada de tarxetas farase o 5 de febreiro, martes, e días sucesivos ata o remate das prazas, de 09:00 a 14:00 horas  de maneira presencial na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que explica que “unha persoa responsable por mesa retirará as entradas, só para o seu grupo, previo pago das tarxetas e...

leer más
Etiquetas:
12/11/2018

A veciña da parroquia focense de Santa Cilla Sabela Pico Lombán, de 27 anos de idade, foi elixida raíña do Entroido de Foz 2019.

Á convocatoria do Concello de Foz presentáronse nove persoas, oito mulleres e un home, dos que cinco xa optaban por terceira vez, entre eles a elixida.

 

Etiquetas:
06/10/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de abrir o prazo para presentarse a Raíña ou Rei do Entroido 2019.

Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos e teñen que entregar a documentación nas dependencias da Concellería de Cultura de Foz, que están na Casa do Concello. O prazo de presentación rematará o 6 de novembro de 2018 e poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982.140.027.

A documentación a presentar son os datos persoais das/os que se presenten á elección, dúas ou máis fotografías recentes e unha breve exposición breve dos motivos polos que lles gustaría ser Raíña ou Rei do Entroido de Foz.

A cea de coroación da raíña ou rei do Entroido de Foz 2019 será o sábado 16 de febreiro.

 

Etiquetas:
21/08/2018

Acisa e o Concello de Ribadeo colaboran coa comisión do Entroido na organización do Guateque dos anos 60 e 70 que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de agosto, a partir das 20 horas no parque de San Francisco.

Haberá tortilla, empanada, bolos preñados e doces caseiros. A cita estará amenizada con música dos anos 60 e 70. Francisco Iriarte, o presidente de Acisa, considera que “é unha boa forma de despedir practicamente o mes de agosto en Ribadeo. O Guateque é unha cita moi bonita pola que hai moita xente agardando. E ademais é unha maneira de colaborar co Entroido ribadense”.

Etiquetas:
16/08/2018

Na tarde de onte abriu as súas portas Foz Market 2018, na explanada portuaria, con grande asistencia de público. Polo recinto pasaron o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Ánxel Paleo, e o organizador do evento, Ángel Rojo. Ata o domingo as propostas gastronómicas das doce food trucks que participan en Foz Market 20018 serán as protagonistas. Tamén haberá actividades infantís polas tardes e concertos en directo polas noites. 

O alcalde focense declarou na inauguración de Foz Market que “temos detrás estes anos de experiencia e á xente encántalle. É unha combinación estupenda tanto a parte gastronómica das food trucks, que é un dos enganches importantes desta feira, como a parte dos nenos. Todo o ocio que hai, poder estar nun recinto onde combines gastronomía e ocio, e tamén a...

leer más
Etiquetas:
22/02/2018

A asociación cultural O Picato de Trabada organiza este sábado, 24 de febreiro, diferentes actos do Entroido.

Ás 16:00 horas haberá pintacaras, e a partir das 19:00 horas un desfile no que se repartirán 3.000 euros en premios. Posteriormente terá lugar un cátering servido por Castro y Castro para o que é preciso facer as reservas no número de teléfono 679 42 83 44. Pola noite celebrarase unha verbena amenizada polo Grupo Fénix e Discomóvil Mourelle. Todas estas actividades desenvolveranse nun recinto con carpa.

Colaboran o Concello de Trabada e a Deputación de Lugo.

Etiquetas:
16/02/2018

Mañá, sábado, terá lugar a Queima do Entroido en Ribadeo. A comitiva fúnebre, que estará acompañada das charangas Aturuxo e A Choca, partirá ás 21 horas das inmediacións do Concello. 

Desde a organización sinalan que “como ben sabemos todos os ribadenses, aquí e de xeito oficial, as festas non rematan ata a Queima do Entroido. Así, este sábado, 17 de febreiro, mantendo as boas costumes e finalizar este viaxe teremos a espectacular Queima, unha tradición que naceu como sátira dos xuízos da inquisición, e hoxe en día é dun dos actos máis destacados do noso Carnaval, momento en que se prescinde das cores, deixando en troques un tropel de viúvas chorando”. 

Desde o Concello e desde Acisa, organizadores do Entroido este ano, “animámosvos a acompañarnos neste broche final do Entroido 2018”. 

E...

leer más