Entroido
O Desfile de Entroido de Verán terá lugar este venres, 5 de agosto, en San Ciprián, da man da asociación Amigos da Maruxaina, coa colaboración do Concello de Cervo.
A saída do desfile está prevista desde a Casa do Mar, ás 20:00 horas. Haberá premios en distintas categorías e ao remate terá lugar unha sesión disco da man de DJ OVO na Praza dos Campos.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata mañá xoves na Casa da Cultura en horario de mañá.
Ata o 12 de marzo pódese visitar no Cenima, en Foz, a exposición do Entroido que neste 2022 está dedicada a Pé do Molete, unha peña focense que foi a pregoeira deste ano.
Trátase dun percorrido fotográfico polos seus anos de inxenio, acompañado do colorido dos disfraces.
Acisa anima ao comercio e á hostalería locais para que decoren os seus negocios e gocen do Entroido 2022.
Desde Acisa sinalan que “agora que estamos case acadando a normalidade que tiñamos antes da pandemia é un bo momento para deixar as preocupacións a un lado, para que saquemos os disfraces dos nosos baúis e nos dispoñamos a gozar do Entroido. Chegou a hora de ir retomando a tan ansiada normalidade, con precaución e con sentidiño…”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo lembra que “para os máis pequenos da casa hai preparado un baile de disfraces, que terá lugar o vindeiro domingo a partir das cinco da tarde na discoteca Rosalar. E o martes será o desfile de Entroido de Ribadeo, que sairá ás cinco da tarde da Avenida de Rosalía de Castro, para recorrer as principais rúas de...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza o desfile de Entroido de Alfoz, que se celebrará o luns da vindeira semana, 28 de febreiro, ás 21:00 horas no pavillón municipal.
As inscricións realizaranse de 19:30 a 21:00 horas, o aforo será limitado e a máscara e o certificado de vacinación serán obrigatorios.
Repartiranse 1.500 euros en premios. Haberá tres categorías en Infantil e Adultos, nos apartados de Individual, Parellas e Grupos, ademais de Comparsas e Charangas. Os premios en Infantil Individual serán: 40 euros para o 1º, 30€ para o 2º e 20 euros para o 3º; en Infantil Parellas: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 40 euros para o 3º; e en Infantil Grupos: 90 euros para o 1º, 70€ para o 2º e 50 euros para o 3º. Os premios en Adultos Individual serán: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 30 euros para o...
leer másEste sábado comezan as actividades para os máis pequenos da casa. Na carpa da Praza do Souto ás 12:30 horas haberá unha actuación musical infantil a cargo de Vaia Ritmo.
E o luns, día 28, na carpa da Praza dos Campos a partir das 17:00 horas terá lugar unha festa infantil con inchables e obradoiros de Entroido.
A.C.D. As Minas organiza, coa colaboración do Concello de A Pontenova, o Entroido de Tapeo que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.
Os bares do pobo ofrecerán tapas e pinchos dende as 20:00 horas e haberá sorteo de cestas de entroido para as persoas que asistan disfrazadas.
O domingo, 27 de febreiro, celebrarase un carnaval infantil organizado por C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello de A Pontenova e a ANPA C.E.I.P. A Pontenova. A festa terá lugar no pavillón municipal Tito Margaride, a partir das 17:00 horas, con xogos, música, baile e taller de máscaras, entre outras actividades.
Turismo de A Pontenova organiza un concurso de fotografía, tanto para adultos como para os máis cativos. É moi fácil participar, segundo os convocantes, “sube a túa fotografía na app, na...
leer másA Comisión de Festas do Carme do Vicedo organiza un cocido popular que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.
A festa dará comezo ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo de JM. O menú estará composto por sopa de cocido, cocido, refrescos e viño, postres, cafés e chupitos. O prezo é de 25 euros.
As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 22 de febreiro, nos números de teléfono: 669 870 888, 605 503 760 e 670 418 709. Será necesario presentar el certificado de vacunación contra el covid-19.
Haberá carpa climatizada e a partir das 18:30 horas festa rachada con JM.
O Entroido Infantil de Riotorto celebrarase de 17 a 20 horas no pavillón municipal. Haberá inchables, talleres, e chocolate con churros para todos. A cita está organizada polo Concello.
Antes o 25 de febreiro, venres, ás 12 da mañá, se o tempo o permite, haberá un desfile de disfraces por Riotorto e un xuízo final ao Meco na Praza das Rodrigas. Organizan esta actividade o Ceip de Riotorto, Casa Niño A Croa e Concello de Riotorto.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo, 27 de febreiro, a partir das 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, o grupo de pandeireteiras da Subela e o grupo de rock focego Os Kentakis.
A organización deste evento implica o retorno á actividade desta entidade cultural após o parón imposto nos últimos dous anos pola pandemia. Neste sentido a directiva do colectivo lembra que a última actividade promovida pola Pomba do Arco en 2020 foi precisamente o Touporroutou. Ao tempo, significa que a asociación programa para o mes de marzo e abril un completo programa de actos onde se recolle a recuperación das Xornadas de Arte.
A...
leer másVolve de novo o Entroido ao Valadouro con forzas renovadas. Despois da paréntese forzosa pola situación sanitaria, regresa unha das máis celebradas tradicións festivas no val onde a imaxinación desbordante, as gañas de diversión e de festa dos veciños e visitantes enche as rúas da vila.
O 27 de febreiro será o desfile, o 1 de marzo terá lugar o Entroido infantil e o 5 de marzo haberá coplas e celebrarase o enterro da sardiña.