Entroido

Etiquetas:
05/02/2023

O Goberno local adianta algunhas das actividades do programa deste ano, que se anunciará nas próximas semanas 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron o cartel do Entroido 2023 e adiantaron algunhas das actividades que incluirá esta celebración. No marco desta festa, o Concello anuncia a organización do concurso de disfraces do desfile de Entroido. 

“O Entroido é, sen dúbidas, unha das datas máis sinaladas en Viveiro. Agardamos que tanto os nosos veciños e veciñas, como a xente que nos visita nestes días, desfruten do ambiente da nosa vila”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. 

O certame de disfraces contempla categorías de adultos (carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual) e infantil (individual...

leer más
Etiquetas:
04/02/2023

O coñecido actor Carlos Blanco será o pregoeiro do Entroido de Ribadeo. Entre as novidades que inclúe o programa destacan os sorteos da noite temática e das mascaritas do domingo lardeiro, así como a animación musical prevista para o baile infantil a cargo de Paco Nogueiras e o obradoiro de mascaritas para as nenas e os nenos que se desenvolverá o luns 20 de febreiro e ao que seguirá un pequeno desfile guiado por música tradicional polo Cantón. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “Concello e Acisa ultimamos estes días os detalles do Entroido 2023, que arrincará o 17 de febreiro co pregón que pronunciará o coñecido actor, autor e director Carlos Blanco. Será ás sete e media da tarde no Teatro. E despois a partires das nove da noite ofrecerá unha función no auditorio municipal Hernán Naval”.

A...

leer más
Etiquetas:
31/01/2023

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Xerdiz e un xantar de Entroido no antigo salón de baile desa parroquia de Ourol o día 12 de febreiro, domingo.

Durante a excursión visitarán a fervenza da Xestosa, casas e escolas indianas, a ruta cicloturistica de Ourol e os cemiterios artísticos de Miñotos e Xerdiz.

A saída será ás 10:30 da mañá dende a Estación de Autobuses de Viveiro. Os prezos da actividade son 25 euros para os socios do colectivo organizador e 28 euros para as persoas que non o son. Os tickets poden recollerse en Aquilino Mapfre.

Para esta actividade o Seminario de Estudos Terra de Viveiro conta coa colaboración do Concello de Viveiro.

29/01/2023

A ACD As Minas organiza o desfile de Entroido na Pontenova, que terá lugar o 18 de febreiro no Local das Sociedades. A asociación conta coa colaboración do Concello da Pontenova. Ás once da noite dará comezo o baile, á unha e media da madrugada será o desfile de concurso e para as tres está prevista a entrega de premios. A velada estará amenizada por Puzzle Animación. 

Para os grupos establécense tres premios. Primeiro premio: 350 euros; segundo premio: 150 euros e terceiro premio: 100 euros. O primeiro premio das parellas estará dotado con 100 euros e o segundo con 60 euros. E na categoría individual haberá un primeiro premio de 60 euros e un segundo de 30 euros. As bases poden consultarse nas redes sociais da ACD As Minas. 

Desde as oito da tarde desenvolverase unha ruta de tapas polos bares do pobo: Puente,...

leer más
Etiquetas:
28/01/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello presentaron hoxe, sábado, o cartel do Entroido focego, nun acto no que participaron o alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Cultura, Inés López Couto; e tres representantes de O Noso Foz: Angel Fernández, Fátima Novo e Erea Ben .

A asociación O Noso Foz e o Concello seguen traballando intensamente na organización dun Entroido 2023 que se espera espectacular. Despois dun pistoletazo de saída no mes de outubro coa elección da Raíña nun acto de escolla realizado no Campo da Cabana, chega febreiro con todos os eventos habituais nesta festa, que loita por ser nomeada Festa de Interese Turístico Galego.

O presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira, anuncia: “comezamos o día 11 coa cea de coroación, coa apertura de portas a partir das 21 horas na carpa situada na sala Bahía....

leer más
26/01/2023

Concello de Ribadeo e Acisa traballan na organización do Entroido 2023. Os actos desenvolveranse do 17 ao 25 de febreiro.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “visto que non existía unha comisión organizadora do Entroido como tal desde o Concello e Acisa puxémonos a traballar coa intención de programar unha serie de actividades que sexan do agrado de todas e todos. Levamos días de encontros, de chamadas e estamos a pechar os últimos flocos do Entroido 2023”.

A edil ribadense dixo que “podemos adiantar que os actos terán lugar do 17 ao 25 de febreiro e que haberá pregón, festa infantil, o desfile e a Queima, que recuperamos despois de varios anos sen celebrarse por mor da covid”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “agardamos a vindeira semana poder presentar...

leer más
Etiquetas:
25/01/2023

Desde o Concello de Xove informan que Con respecto a anos anteriores, a edición deste ano conta cunha novidade xa que  o venres 17 de febreiro, premio ao gran Desfile,  imos ter no Pavillón Municipal uun BAILE INFANTIL DE DISFRACES  amenizado pola DISCO MÓBIL CONXURO.

O  sábado 18 de febreiro imos desenvolver as actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:

    -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do entorno do  Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile  e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.

   -Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, imos ter festa rachada no Pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa rachada, que vai ser tamén un baile de...

leer más
Etiquetas:
21/01/2023

O Concello focego e a asociación O noso Foz anuncian que a cea de coroación da raíña do Entroido celebrarase o día 11 de febreiro e a Festa do Berberecho será o 15 de abril.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a comisión de festas O noso Foz e o Concello están inmersos nos preparativos do próximo Entroido. É unha das festas máis importantes do municipio e que despois do ano 2021 e súa edición dixital por mor do COVID19 volveu o ano pasado con restricións, pero de forma segura e, sobre todo, con moito ánimo por parte de participantes e público. Este ano as datas clave desta festividade en Foz son a cea de coroación, que será o dia 11 de febreiro na gran carpa situada na Sala Bahía, como se ven celebrando os últimos anos (atrasada a data debido á celebración do San Blas); a cea de comadres, que será o xoves 16 (...

leer más
Etiquetas:
17/01/2023

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove,  pon en marcha unha nova edición do Concurso de CARETAS DE ENTROIDO. 
 
Poderá participar no concurso e ser beneficiario destes premios calquer neno ou rapaz  empadroado no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO). 

A documentación a presentar  será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto que deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar, na Biblioteca Municipal, con data límite 10 de febreiro de 2023. 

Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concederanse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro. Os premios deste...

leer más
Etiquetas:
16/01/2023

A asociación cultural O Picato convocou o concurso para o cartel anunciador do Entroido de Trabada. Para participar hai que presentar os traballos no Spar Express de Trabada e o prazo remata o 3 de febreiro, venres, ás 20:00 horas.

Cada participante no concurso pode entregar un máximo de dúas obras e o premio para o gañador é de 50 euros, que recibirá o 4 de marzo, durante a entrega de premios do desfile de Entroido, que se celebrará ese día.

Todas as obras que se presenten ao concurso serán expostos na Casa da Cultura de Trabada.