Entroido
Debido á mala previsión do tempo para hoxe e por mor das deficiencias do pavillón polideportivo municipal, a organización decidiu suspender o desfile de Entroido deste domingo, día 11.
O martes, 13 de febreiro, trasládase, xunto coa festa infantil, á Praza de Santa María. Alí todos os nenos contarán con inchables e xogos... e os participantes no desfile, individuais, parellas e grupos así como comparsas e charangas poderán disfrutar da festa d DVicio ata que remate e se entreguen os premios.
E xa o 16 de febreiro a partir das 20:00 horas terá lugar o Enterro da Sardiña e a lectura de coplas e versos na Praza de Santa de María.
A parroquia de Bravos, no municipio de Ourol, celebrará o Entroido na noite do luns 12 de febreiro con degustación de produtos típicos destas datas e baile.
As actividades empezarán ás 22:00 horas coa degustación de produtos de porco e doces típicos do Entroido. E haberá baile amenizado polo dúo Dilema e premios para os mellores disfraces en tres categorías: individual, parellas e grupos.
A festa celebrarase nunha carpa instalada ao lado do Centro Social de Bravos. Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, que conta coa colaboración do Concello de Ourol.
O desfile de Entroido en Trabada, que organiza a asociación cultural O Picato, celebrarase o sábado 24 de febreiro desde as 18:00 horas e repartirá 5.000 euros en premios, que se entregarán a partir das 00:30 horas.
Haberá verbena nun recinto con carpa amenizada polo grupo Fénix e o DJ The Sound Project e sortearanse cestas.
O Concello de Barreiros organiza actividades de Entroido para os días 11, 12, 14 e 16 de febreiro.
Este domingo, día 11, haberá festa infantil de disfraces con pintacaras, xogos e música. Será ás 17:00 horas no centro sociocultural con entrada libre.
Para o luns 12 e o mércores 14 están programadas actividades de Entroido para a cativada, de 10:00 a 13:00 horas no centro sociocultural. Para participar é Imprescindible inscrición previa no rexistro xeral do Concello de Barreiros.
O venres 16 celebrarase o desfile polas rúas de San Cosme con 1.000 euros en premios. Sairá ás 21:00 horas da Praza do Concello. Na rúa do centro de saúde haberá postos de comida e no exterior do centro sociocultural contaremos con DJ Eventec, que traerá moita festa para despois do desfile.
Colaboran...
Alfoz celebra unha festa de Entroido o luns 12 de febreiro no pavillón municipal. Está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que conta coa colaboración do Concello.
Estará amenizada pola discomóvil Eventec e haberá novos premios na categoría de comparsas e charangas.
A organización anuncia: “o luns 12 de febreiro tedes unha cita no pavillón de Alfoz. Ás 19:30 horas abrimos inscricións e ás 21:00 comeza o desfile. Non o podes perder! Se queres participar nel, podes consultar as bases no seguinte enlace:
https://drive.google.com/.../1QARtsK9WX7xE2xvocTi.../view... Contaremos con bocadillos quentes, para quen queira encher o bandullo!”.
O sábado 17 de febreiro ás 22:30 horas celebrarase unha cea baile de Entroido no Casino de Mondoñedo. Estará amenizada polo dúo Zafiro e haberá premios para as mellores mascaritas.
O menú inclúe sopa, cocido completo, filloas e orellas, café e chupito. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.
As tarxetas para asistir poden retirarse ata o 13 de febreiro.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo, 11 de febreiro, a partir das 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero, de Foz, unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e o grupo de pandeireiteiras da Subela.
A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas de Foz a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse “Eskina”, “Leyton”, “Happy Days”, “Xoyma”, “Anduriña”, “Muelle Bar”, “Cevexaría Augas Santas”, “Casa Damián”, “Pachán”, “A Bolera”, “Dandy” e “Xoiña”
O colectivo organizador introduce unha nova posibilidade de...
leer másTiveron que pasar as vodas de prata e case as de ouro dun desfile que todos os sábados de Entroido enche as rúas de Foz de alegría. Algúns teimaban en que nunca o conseguiríamos, outros dicían que eramos demasiado modernos que non podíamos equipararnos aos entroidos tradicionais … Pero houbo xente que sempre creu que era posible. A todos os que seguistes apoiando, GRAZAS!
Pero sobre todo grazas por seguir formando parte deste evento que une o mellor de cada casa (dicían os de Burela) e non foi sin xeito, que boa parrafada lles mandamos para que acabaran coma pé do molete dos de Foz, que estabamos empeñados en que nos deran a bóla enteira e non as farangullas. E iso, se fuches dos que pensaban que non iamos insistir … pois tás que pías! Porque eche o que hai! Aquí se chove, dúas voltas. Non nos cansamos coma burras vellas, aquí tiramos do...
leer másA asociación Fontes Claras organiza o Entroido na parroquia viveirense de San Pedro este sábado, 10 de febreiro, desde as 21:30 horas.
Será na Escola de San Pedro e haberá pinchos gratuítos, bebidas a prezos populares, premios para os mellores disfraces (nas categorías individual, parella e grupo) e música en directo a cargo do dúo Samba.
O Concello de Cervo arrinca cos obradoiros infantís que xirarán sobre a temática do Entroido os días 5, 7 e 9 de febreiro -luns, mércores e venres- de 17:00 a 18:30 horas. Están dirixidos ás crianzas de entre 6 e 12 anos.
O luns 5 desenvolverase un obradoiro de máscaras Picasso, o do mércores 7 será de máscaras de cigarrón e o do venres 9 estará dedicado á creación dun photocall de Entroido.
Para participar inscriben na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57).












