Entroido

Etiquetas:
27/01/2022

O Concello de Foz levará a aprobación ao próximo pleno da corporación municipal, que se celebrará o 3 de febreiro, a presentación do expediente para a declaración do Entroido focense como Festa de Interese Turístico Galego.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Entroido da Mariña por antonomasia é o de Foz. Este ano cumprirá a 40 edición do seu desfile (despois do obrigado confinamento e aposta polos medios electrónicos na anterior edición), mais o arraigamento e a existencia da vea carnavaleira en Foz é moito anterior”.

Dende o departamento municipal de Cultura esperan “que a corporación se una para buscar da man o recoñecemento a un evento que fortalece a Foz e une a moitos lugares da Mariña que acoden e comparten a ilusión de sacar un sorriso ao mundo cos seus múltiples traxes, cores e vitalidade”, apunta a...

leer más
Etiquetas:
25/01/2022

En Foz seguen os preparativos para a comida de coroación do Rei do Entroido, que se celebrará o día 19 de febreiro, ás 15:00 horas.

O menú consistirá en pastelón de bonito, sopa de cocido, costela asada ao forno, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupito. O prezo da tarxeta é de 25 euros.

As persoas interesadas en participar poden facer a súa reserva no número de teléfono 982 14 00 27-Ext. 3.

 

Etiquetas:
18/11/2021

A asociación O Noso Foz e o Concello están dando as últimas pinceladas á gala que este sábado, día 20, dará a coñecer o nome do rei do Entroido de Foz.

A xornada estará chea de actividades dende o mediodía, no que as charangas comezarán a animar as rúas ata a hora do xantar, para o que a ACIA local e os hostaleiros se prestaron á elaboración de menús para que o Entroido estea presente en toda a vila. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quere “darlle as grazas ao comercio e hostalería focense, por prestarse sempre a colaborar e atender as nosas propostas. Neste caso os menús carnavaleiros estarán presentes no Chícaro, Xoyma, Tangarte, Portochico, O Rincón do Mis, Dandy, As Brasas, O Lar e Casa Damián.”

Ás 17 horas retomarase de novo a música polas rúas e na carpa instalada na praza Conde de Fontao, tamén ás...

leer más
Etiquetas:
09/11/2021

En Foz celebrarase un evento o día 20 de novembro, sábado, para elixir ao rei ou raíña do Entroido 2022. Será na Praza Conde de Fontao ás 19:00 horas, onde tamén haberá actuacións musicais.

Ademais ese día haberá menús especiais na hostalaría de Foz e animación musical polas rúas durante toda a xornada.

Está organizado pola asociación O Noso Foz coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Aberto de Foz.

 

Etiquetas:
11/10/2021

A asociación O Noso Foz ten aberto o prazo de presentación de candidaturas para raíña ou rei do Entroido focense 2022 ata o día 29 de outubro.

É para maiores de 18 anos, que deben presentar no Concello a seguinte documentación: datos persoais, 2 ou máis fotos recentes e unha breve explicación de por que queren ser raíña ou rei e como lles gustaría que fora a súa carroza.

 

Etiquetas:
04/03/2021

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove,  puxo en marcha a  finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. 
   
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar  a participación e creatividade dos...

leer más
Etiquetas:
02/03/2021

O Concello de Viveiro xa comezou a repartir os premios do I Desfile Dixital de Entroido, que consisten en bonos para gastar no comercio e na hostalaría locais. As persoas gañadoras poderán trocar os seus vales nos establecementos do municipio ata o vindeiro 30 de maio de 2021.

O goberno local detalla a normativa para trocar os bonos, os cales non se poderán nunca trocar por diñeiro en efectivo. Ademais, as persoas gañadoras do concurso deberán usar os vales nos establecementos de comercio e na hostalaría do Concello de Viveiro (non é necesario que formen parte dalgunha das asociacións do sector).

Doutra banda, no caso de que o prezo da compra sexa inferior ao do bono, non se devolverá a diferenza. É dicir, recoméndase trocar os bonos por importes superiores ao seu valor e redondear cos propios cartos a diferenza...

leer más
Etiquetas:
15/02/2021

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “continúa a programación disposta para a edición XXXIX e ¾ do Carnaval máis grande de Galicia, o de Foz, e mañá, martes, día 16 de febreiro, o Concello procederá á emisión a través da súa canle de Youtube do vídeo Escaparates Entroido 2021, realizado por Pablo Cid”. 

Inés López explica que “a iniciativa de engalanar os escaparates da vila cos traxes do noso Entroido xurdiu dunha proposta de Olalla Rodríguez, da comparsa Trouleiras, nunha das reunións telemáticas organizadas polo Concello con todos os grupos do Carnaval de Foz. A verdade é que foi un auténtico éxito e a Televisión de Galicia, a Televisión Española, a Fundación TIC, da Deputación de Lugo, e máis medios de comunicación viñeron facerse eco da iniciativa, na que colabora a ACIA local e outros moitos comercios”. 

... leer más
Etiquetas:
15/02/2021

A ACIAL organiza un Entroido virtual en Vilanova de Lourenzá e, dende hoxe, ata o 20 de febreiro ten aberto o prazo de inscrición.

As persoas interesadas poden anotarse no email acial.lourenza@gmail.com ou no whatsapp 686 569 822 mandando para elo unha foto da persoa ou persoas disfrazadas cos seus datos persoais. No caso de disfraces infantís o pai ou nai terá que facilitar tamén os seus datos no momento da inscrición. Os participantes so poderán apuntarse nunha categoría.

O concurso divídese en dúas categorías xerais: adulto e infantil, que establecen tres categorías cada unha delas, individual, parella e grupo, respectando as medidas decretadas pola situación sanitaria da Covid 19 vixente no momento da inscrición. A categoría infantil é ata os 12 anos e, no caso dos...

leer más
Etiquetas:
11/02/2021

O Concello de Foz está a ultimar os preparativos para a celebración deste Entroido diferente, que terá revista, vídeo conmemorativo, baile do farolillo nas casas e concurso de customización de mascarillas.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “este ano 2021 conmemoraríase o 40 aniversario desta festa, pero debido ás circunstancias sanitarias deberá atrasarse. Polo que se organiza a edición especial do XXXIX e ¾ Entroido de Foz. Un pobo cunha tradición de tantos anos entroideiros non pode deixar de facer pequenas actividades dentro das posibilidades e co máximo respecto ás medidas anti-COVID. Por iso dende a Delegación de Cultura lévase tempo traballando en varias ideas que tentarán animar as casas das familias focegas e aqueloutras que queiran unirse á festa virtual”.

Inés López especifica que “...

leer más