Half
O día 5 de setembro, sábado, disputarase o II Half Triatlón Ribadeo, un evento no que se darán cita arredor de 250 deportistas. Está organizado por Laetus Sport e conta coa colaboración do Concello ribadense.
Segundo explican os organizadores: “trátase dunha proba de carácter nacional puntuable para o ranking nacional de media e longa distancia e na que se disputará tamén o campionato galego nas modalidades Half Aquabike e Half Triatlón”.
A proba dará comezo na praia dos Bloques cun percorrido de natación de 1.000 metros para a distancia Short e 2.000 para a distancia Half, despois terá lugar un percorrido ciclista de 40 quilómetros e unha carreira a pé duns 10 quilómetros. Toda a información está dispoñible na páxina oficial...
leer másO Concello ultima os preparativos do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o vindeiro 15 de maio. O edil de Deportes, Jorge Díaz, salienta a importancia desta proba nacional e o impacto económico que pode ter dado o alto nivel de participación.
O concelleiro ribadense lembrou que “o vindeiro 15 de maio se fará, por primeira vez, un triatlón de carácter nacional, a través tanto da Federación Galega como da Federación Nacional. O Concello colabora intensamente coa organización. É un percorrido moi transversal no senso de que toca o ámbito tanto urbano como practicamente todas as parroquias polas que pasa ou ten influencia, incluso ten bastante influencia noutros concellos como Barreiros e Trabada”.
O edil de Deportes explicou que “a proba sae dos Bloques, ese entorno tan característico da ría de Ribadeo, aí faise...
leer más




