O Valadouro celebra o Entroido con actividades os días 11, 13 e 16 de febreiro

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza actividades para celebrar o Entroido os días 11, 13 e 16 de febreiro.

O domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas haberá desfile de disfraces polas rúas de Ferreira, pasando pola praza e a ponte, ata o Pavillón Polideportivo Municipal, onde haberá festa amenizada polo dúo Belinda. A inscrición pode facerse ata o venres 9 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura ou no local social do parque Concepción Arenal o 11 de febreiro desde as 15:00 ata as 16:30 horas.

O martes 13 de febreiro a partir das 16:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal terá lugar o Entroido Infantil, con festa de disfraces e xogos, inchables, obradoiros e outras actividades.

E o venres 16 de febreiro a partir das 20:00 horas celebrarase o Enterro da Sardiña, con lectura de coplas e versos. Sairá do parque Concepción Arenal e rematará na Praza de Santa de María.