raíña ou rei

Etiquetas:
26/10/2024

O Concello de Foz publicou as bases para a elección da raíña ou rei do Entroido 2025.

Estas bases marcan dúas fases do concurso: unha inicial de presentación de candidaturas, onde se valorará o currículo entroideiro dos aspirantes; e unha segunda, que se programa para o día 9 de novembro ás 20 horas na Sala Bahía, onde os aspirantes poderán explicar a público e xurado porqué queren ser rei ou raíña do Entroido focense.

“Con estas bases quérese primar o arraigo ao Entroido, valorando a participación no desfile e nos distintos eventos do Entroido, así como algo tan cultural e histórico para Foz como é a realización do plan o luns do Entroido. Queremos que non se esquezan as tradicións de Foz”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. O prazo para presentación de candidaturas son 10 días naturais...

leer más