playlist

Etiquetas:
21/07/2026

O Concello explica que “a diversidade de Burela tamén está presente na música que se escoita. Por iso dende o Recuncho Multicultural do Concello de Burela encargáronse de crear unha playlist que recolle parte das músicas que forman parte da realidade social e cultural do municipio. O listado, que estará dispoñible na páxina web municipal nun apartado específico do Recuncho Multicultural, nace da colaboración das asociacións e colectivos da vila. A selección combina música galega con artistas e ritmos doutros países presentes na vida cotiá da vila. Entre as propostas atopamos temas de artistas galegos como Ortiga, Fillas de Cassandra, Tanxugueiras, Baiuca, Xabier Díaz ou Leilía, xunto con músicas de Cabo Verde, Senegal, Perú, Marrocos e doutros lugares do mundo, reflectindo a diversidade cultural que caracteriza ao municipio”.

Na...

leer más