Representacións

04/09/2024

Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, intensificará a súa presenza no territorio galego na súa sexta edición, que se celebrará do 13 de setembro ao 27 de outubro baixo o lema A oportunidade do agarimo. Un total de 13 localidades do país, dúas máis que no 2023, contarán con funcións desta iniciativa. 

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación da programación en Galicia, que comezará o venres 13 en Santiago de Compostela. A partir de aí, algunhas das creacións escénicas máis interesantes da carteleira percorrerán escenarios históricos ou espazos singulares de Vilalba, Melide, Carballo, Vimianzo, Lugo, Ames, Arzúa, Ribadeo e Viveiro; sedes ás que este ano CEN suma Foz e Outes, á vez...

leer más
04/11/2023

O Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizan un ciclo de teatro no municipio barreirense que inclúe catro representacións. Serán os días 12 e 18 de novembro e 10 e 16 de decembro.

O domingo 12 de novembro ás 19:00 horas actuará “Os pícaros de Lagoa”, de Alfoz, no centro sociocultural de San Cosme.

O sábado 18 de novembro ás 19:00h actuará o grupo “Lilá Teatro”, de Lugo, nos colexios vellos de San Miguel.

Para o domingo 10 de decembro ás 20:00 horas será a quenda de “Lume escénico”, de A Pontenova, no centro sociocultural de San Cosme.

E xa para rematar este circuíto de teatro afeccionado e profesional 2023, o sábado 16 de decembro ás 19:00 horas o grupo “Ardora”, de Cervo, actuará no centro sociocultural de Barreiros.

28/10/2022
A Área de Cultura, cuxa responsable é Marisa Goás, presenta a programación para o mes de novembro dedicada ao teatro. Todos os sábados de novembro, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Para todos os públicos. A entrada é libre e gratuíta.
 
• sábado 5 de novembro: o grupo de teatro Ítaca presenta a obra "Anacos" dentro do Ciclo de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación Provincial.
 
• sábado 12 de novembro: Lume Escénico da Pontenova presenta a comedia "Albergue Casa Amarelo. O misterio da Vía Rexia" incluído no Ciclo de Teatro Afecionado da Área de Cultura da Deputación Provincial.
 
• sábado 19 de novembro: Trípode e amigos presenta  a comedia "O muro...
leer más
11/05/2022

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle dúas representacións teatrais esta semana: venres 13 e sábado 14 de maio. Serán ás 20:30 horas

O venres 13 Náufratos teatro presenta Karelu, incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes. É unha representación de teatro contemporáneo para adultos cunha duración de 70 minutos. Os autores son Ismael G. Candal e Gustavo del Río, que tamén é o director. Os actores son Denis Gómez e Santi Cuquejo.

Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.

E o sábado 14 Condetrespés en coprodución co Centro Dramático Galego presenta Rastros, de Roberto Vidal Bolaño. É unha obra de teatro contemporáneo para adultos cunha duración de 90 minutos. O director é Lois Blanco e o elenco artístico está...

leer más
22/11/2019

Comeza o Programa Buxiganga en Xove coa actuación do grupo Pico do Castro de Foz; este grupo afeccionado vai por en escena a obra Matías está tolo, mañá sábado, 23 de  novembro, a partires das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Obra con entrada libre e gratuíta. 

O Programa Buxiganga está organizado e coordinado pola área de Cultura da  Deputación de Lugo, contando coa  colaboración do noso Concello. 

E o domingo, día 24, chegará a Xove Teatro Ghazafelhos con Iriña Bailarina. Esta segunda obra pertence á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de 3 a 10 anos, vai se por en escena o domingo, 24 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Esta obra, polo seu contido, está...

leer más
21/11/2019

O grupo focense Adala de Fazouro representará este venres, 22 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra Comeza a función. A función, organizada pola Concellería de Cultura, está destinada ao público familiar, a entrada será libre e dará comezo ás 21:00 horas.

A historia está ambientada nos anos 40, nunha aldea onde dous veciño lévanse moi mal e un día ao saír da igrexa rompen a pía da auga bendita. Ante a esixencia do cura de facerse cargo do arranxo, decidiron montar unha función de teatro para recadar fondos. Tras asinar unha tregua, contar coa colaboración dos veciños e superar varios atrancos, son quen de sacar a obra de teatro adiante con máis éxito do esperado.

E o sábado, día 23, A Adala infantil presentará Que pasou no camiño a partires das 18 horas na Casa da Cultura. 

 

21/11/2019

Esta fin de semana haberá representacións do certame de teatro Concello de Lourenzá o sábado e o domingo.

Fauna 113, grupo gañador na edición pasada do certame, actuará este sábado, día 23, ás 20:30 horas. Porán en escena a obra A última cea. E o domingo ás 20:00 horas tócalle Matabelas Teatro, de Teo, representará a obra A estraña familia.

 

13/11/2019

Culturactiva SCG presenta a comedia Senior este sábado, 16 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.

A obra está dirixida por Avelino González e protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi. Trátase dunha reflexión, en clave de humor, sobre a crise dos 50 que nos permite rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que seguramente moit@s de nós chegamos a vivir, e de escenas que só se poden gozar e padecer a partir dos 50.

O domingo, 17 de novembro, ás 20:00 horas tamén no Teatro Pastor Díaz, Contraproduccións presenta Os fillos do sol.

Está dirixida por Cándido Pazó e protagonizada por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. É unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A...

leer más