
O concelleiro de Dinamización en Barreiros, Dani García, reuniuse cos representantes das comparsas locais -Macanudos e Habelas Hainas-, así como coa asociación Event&Fest Barreiros, entidades que colaboran na organización do desfile de Entroido que terá lugar o venres 20 de febreiro. “Un encontro para ultimar detalles e poñer en valor o traballo conxunto que fai posible que o Entroido de Barreiros siga medrando ano tras ano e mantendo viva esa tradición e o espírito carnavaleiro. Lembrámosvos que haberá pulpería tanto ao mediodía como pola noite na Praza do Concello e que, durante toda a tarde, a praza contará con ambiente festivo e música como entretemento antes do desfile”, anuncia o Concello.
A información relativa á festa infantil de Entroido, que será o mércores 18, como a do desfile está dispoñible na web concellodebarreiros.gal.


