Maraxes da Osa
A cantante Yarea Guillén actuará en Burela este sábado, día 14 de xuño, dentro do ciclo musical Maraxes da Osa. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas.
“Chega a terceira actuación do ciclo Maraxes, e esta vez é o quenda de Yarea Guillén, unha das voces máis destacadas da nova escena pop”, anuncia o Concello de Burela.
As entradas están á venda en: https://f.mtr.cool/efkufrmvok
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este venres, 4 de abril, na presentación de Maraxes da Osa, un ciclo de concertos organizado por Fanto Fantini coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.
Marilia Monzón, Mercedes Cañas, Yarea e Caamaño&Ameixeiras completan o cartel deste primeiro ciclo de concertos, que se celebrarán os meses de abril, maio e xuño no auditorio de Burela.
Daniel García augurou “éxito a esta nova iniciativa que ten o aval do traballo de Fanto Fantini co Osa do Mar e que segue ampliando a axenda da música en vivo en Burela e na Mariña" .
O acto contou coa participación de Carmela López, alcaldesa de Burela; Mario Pillado, tenente de alcaldesa; Lina Gómez, concelleira de Cultura, e membros da Fundación Eu Son, que colaboran na actividade de Fanto...
leer másBurela acollerá un ciclo de concertos, titulado Maraxes da Osa, que empezará o día 11 de abril, venres, coa actuación da cantante canaria Marilia Monzón.
Os organizadores explican que “Maraxes quere converterse nunha brisa suave que entre na Mariña de Lugo disfrazada de ciclo de concertos.
Damos inicio ao primeiro coa cantante e compositora Marilia Monzón”. Será o venres 11 de abril ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30) na Casa da Cultura.
A segunda actuación do ciclo será da cantante e compositora Mercedes Cañas o sábado 10 de maio ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30), tamén na Casa da Cultura de Burela.
As entradas para estes dous concertos están á venda na web www.wegow.com.