citas musicais
Burela celebra o fin de curso con dúas citas musicais para todos os públicos os días 20 e 21 de xuño
O Concello de Burela pecha o curso escolar cunha dobre proposta musical dirixida a todos os públicos. Esta fin de semana -o venres 20 e o sábado 21 de xuño- a Casa da Cultura e a Praza da Mariña serán o escenario de dúas actuacións gratuítas que combinan música clásica, pop e repertorio infantil, nunha programación que busca celebrar o final das clases e dar a benvida ao verán.
A primeira cita será o venres 20 de xuño ás 20:30 horas, coa actuación da Orquestra do Conservatorio de Viveiro, integrada por arredor de 35 instrumentistas. A agrupación, dirixida polos profesores Fernando Santiago e Juan Cabalar, está formada por alumnado actual e exalumnado do Conservatorio. O concerto incluirá pezas de música clásica, tangos, temas pop e música galega, con participación vocal de Carlota López, Bruno Pedre e Marga Gutiérrez.
... leer más